martes, 15 de diciembre de 2009

Mágoa


Quen me coñece sabe da miña afeccion polos libros e polas librarias, nas que me encanta gastar o tempo e tamen os cartos. Son varias as librarías que visito con certa periodicidade. Mais concretamente interesome por aquelas que están especializadas en educacion ou teñen unha sección importante dedicada e este tema e afins. Por este feito, encolleseme o corazon cando unha destas librarías desaparece ou ve minguado o espazo dedicado a esta materia. No primeiro caso atopamos a desaparecida Libraría Hernandez, que se atopaba na calle Galera, e que tiña uns fondos bastante interesantes. Ademáis abria as fins de semana, algo que hoxe en día non parece tan extraordinario. No segundo caso podo recordar as librarías Arenas e Molist, que cando cambiaron de ubicacion viron minguado considerablemente o seu espazo e, consecuentemente as seccions que me resultan máis interesantes

Para finais deste ano, xa mesmo, vaise pechar unha das que máis aprecio: Didacta. Neste caso tratase dunha libraria especializada en temas educativos. Facendo un esforzo de memoria, podo recordar os seus inicios, nos meus andeis hai exemplares "de época" e, lamentablemente vou poder recordar o seu peche

Ainda que posiblemente non vaia a ler este blog, quero agradecer ao dono da mesma, Jorge, a súa amabilidade, as súas atencións e despedir ese lugar tan agradable para min

martes, 1 de diciembre de 2009

Adolescencias


Coa chegada do frio, a auga, ... Esta foi unha fin de semana de cine. Antón mais eu fomos ver "Luna Nueva" que xa como lectura interesou ao meu rapaz. Non vou facer unha crítica da película. Vou falar do ambiente que compartín cunhas cantas ducias de adolescentes, maioritariamente mozas.
No transcurso da película foron moitas as expresións de tipo "que rico", "que mono", ... que poiden escoitar. Certo é que as opinión estaban divididas entre as que valoraban os atractivos dun ou doutro dos protagonistas masculinos e tamen se escoituo algun xuicio sobre como a rapaza protagonista facía ou debería facer.
En fin, a verdade e que me vin sorprendido alí no medio de tanta rapaza polo apaixoamento co que vivian a película...
Non sei si ten comparacion co momento en que eu vivín, xunto con outros adolescentes, a estrea de "Grease". Ao mellor foi algo parecido só que eu xa non o recordo...

sábado, 14 de noviembre de 2009

O Velo Islamico e Outras Historias


Estos días atras aparecen nos medios de comunicacion novas relacionadas co polemico tema do "velo" co que cubren as suas cabezas as rapazas e as mulleres islamicas: que si lle deron unha paliza a unha muller embarazada por non respetar este costume, que si un xuiz votou da sala a unha muller que levaba velo, que se lle prohibiu a unha alumna ir a clase co velo... É un tema que de cando en cando aparece nos medios
Enseguida puxenme a buscar en internet a imaxe dunha monxiña coa idea de que esta imaxe non nos resulta tan estraña a pesar de que en ambos casos o tocado ten o mesmo significado: a sumisión.
Non sei si quedara algunha relixiosa que exerza a docencia e que empregue o hábito ou si un xuiz votaría da sala a unha monxa que tivera que prestar declaración...
Non me gusta o significado que ambos símbolos representan, pero tampouco comparto as actitudes prohibicionistas, pois penso que incluso se esta a promover o contrario, e máis cando estas actitudes van en contra daquelo que se quere evitar: quizais si pode recibir unha educacion en igualdade cos seus compañeiros e compañeiras e reciba un trato non discriminatorio, se sinta respetada como persoa, ... quizáis así consiga liberarse de estas ataduras
É fundamental educar desde a igualdade e do respeto, e deste xeito, respetando, quizáis consigamos que se escoiten os nosos argumentos e que nalguns casos as persoas sexan capaces de liberarse dos simbolos propios dunha forma de pensar que entende que uns (unhas) deben someterse a outros

martes, 10 de noviembre de 2009

Do Mellor


Este pasado venres tiven a ocasion de participar na "V Xornada do Plan Municipal de Conductas Adictivas" do Concello de Pontevedra. Teño que agradecerlles que a pesar de que, por motivos de traballo, non me foi posible apuntarme hasta o ultimisimo momento, lonxe de poñerme atrancos, animaronme a participar

O programa que nos ofreceron resultou dun grande interés e máis neste momento no que desde a Consellería estan a presentar unha proposta que revisa parte do modelo de atención as persoas con problemas relacionados co uso de drogas e, ainda que só aparece "nos títulos", outras conductas adictivas.

Fronte a uns modelos de "calidade" e de "diagnostico" cando menos cuestionables, e coa "novidade" de poñer os "pacientes" no "centro do proceso", Ernesto Lopez, Gerardo Florez e Enrique Garcia Huete, presentaron modelos e estratexias que poñen no centro dos procesos as persoas . Ofrecen as persoas que buscan axuda para os seus problemas e aos profesionáis que llela intentamos prestar, marcos de referencia e ferramentas que non etiquetan as persoas e as situacions senon que axudan a establecer criterios e estratexias no proceso que supon superar as súas dificultades.

Desde logo, sempre resulta de grande interes compartir ideas con tan senlleiras referencias e, como comentaba coa miña compañeira Blanca, que tamen tivo a oportunidade de estar alí, tratase de oportunidades que hai que aproveitar. Novamente gracias compañeiros de Pontevedra e quedamos a espera das vosas propostas cara o ano que ven

domingo, 1 de noviembre de 2009

E segue a dar voltas


Veño de ver AGORA co meu fillo e, como non, dame por reflexionar. Mira que o mundo deu voltas desde aquela e que pouco cambiaron as cousas. A intolerancia, o medo a dúbida, ... Segue a ser a causa de milleiros de conflictos que suceden aquí e máis alá... Eso sí, matamonos dun xeito algo mais sofisticado, onde vai parar!

Tamen me fixo pensar nunha frase do finado Toni Julia que me quedou moi grabada cando a escoitei no acto no que presentabamos a solicitude de contitución do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais: a incertidume como criterio de calidade, ese malestar que che apreta no estómago e que che fai pensar e repensalo todo, poñer en dúbida o que fas, pensar e repensar se realmente será o mellor...

E tirando do fío acordeime tamén dunha idea exposta por Jaume Funes no prologo que fai do libro de Carles Sedó "Treballant com a Educadora o Educador Social" de que a nosa non é unha profesión onde abonden as seguridades e as certezas, ten que ser un/unha profesional capaz de tolerar a incertidume

miércoles, 21 de octubre de 2009

Compromiso Ideoloxico ou Neutralidade


Con esta entrada quero facer unha reflexion acerca do que supón seres "neutral" ou "apolitico" e as, para min indubidabeis ventaxas de expresar un certo compromiso ideolóxico. Cando un expresa, dun xeito maduro, unha deteminada opción ideolóxica por unha banda soe facer explícita esta posicion de partida e, ademáis vaille resultar mais doado comprender que as outras persoas podan adoptar unha visiona ou unha postura diferente: a riqueza está no debate, no contraste de pareceres que pode levar a entendernos, a chegar a acordos, ...

Cando un ou unha se proclama neutral ou apolitico, está negando unha evidencia: cada un, cada unha ten unha visión do mundo particular que foi construindo ao longo da súa existencia. Normalmente fanse estas afirmacions desde a falta de reflexión sobre as opcions existentes e, o que é peor, desde esta suposta neutralidade, soese negar a lexitimidade de calquera outra visión. É por isto que os neutros, os apoliticos, soen facer apostas moi duras hacia o pensamento hexemónico, conservador do que é, do que sempre foi...

domingo, 18 de octubre de 2009

Regulación vs. Precarización


Este venres tiven a oportunidade de participar no "Espacio Dialoga", un encontro organizado polas miñas compañeiras Laura e Sofia da Área de Comunicacion do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia xunto con persoas do Colexio Oficial de Psicoloxia de Galicia e do Colexio Oficial de Diplomados de Traballo Social de Galicia. Nesta ocasion reunimonos con representantes da CIG e de CCOO ainda que tamen estaban invitados UXT e algunha das "patronais" da "intervencion social" de Galicia.

Foi un encontro moi productivo, pois traballamos sobre unha dimensión de moito interés tanto para os profesionais -tamén traballadores- como, e non debemos esquecelo, para as persoas que se benefician ou se poden beneficiar dos servicios que prestamos.

A existencia ou non dun convenio, ou de convenios, que regulen aspectos como salarios, horarios, ratios, estabilidade nos postos de traballo, ... As condicions laborais dos que estamos a traballar nos diversos servicios desde os que prestamos as atencions ás que teñen dereito como cidadas e ciudadans ... Supón unha importante garantia para ambas partes e, doutra banda, axudan a establecer uns mínimos a partir dos que negociar os custos dos diversos servizos coa outra parte, case sempre implicada, que é a Administración, as diferentes administracions, que estan a "conveniar" para dar resposta a moitas -cada vez máis- das súas obrigas

A falta de regulacion só da lugar á precarizacion dos servizos públicos. E, nun tempo de crise como no que nos atopamos, parece mais lexitimo aforrar e, como aqui o vencello é feble, as prestacions teñense que facer a prezo de saldo: soldos e condicions de miseria, alta rotacion do persoal, escasa inversion en formacion, ... E todo isto repercute nas persoas que teñen dereito á prestacions de calidade e, en moitos casos, estamos a falar de persoas que non son quen de facer valer os seus dereitos...

E, xa desde o mais persoal, penso que estas situacions afectannos máis si cabe aos profesionais da educacion social, ... ¿ou non?

jueves, 1 de octubre de 2009

Novas caras


A cousa é que todo remata e asi hoxe tiven que voltar das miñas vacacions. O caso é que un mes onde eu traballo é moito tempo. E ainda que non fun quen de abarcar todas as novidades, o que si aconteceu é que nada mais chegar atópome con varias caras novas. Persoas que se foron incorporando ao longo de este mes.

Unha ventaxa de traballar onde eu traballo é que non hai dous días iguais, "todo fluye" que dicía o filósofo e cada persoa, cada un de nos, aporta algo nese fluir.

Nada, agora toca recuperar o ritmo. Ir recollendo toda esa informacion pendente. Tomarme tempo en coñecer a estas persoas que chegaron neste último mes e interesarme en como lles foi aos que deixei cando marchei de vacacions

lunes, 21 de septiembre de 2009

Dun tempo, Doutro tempo


Será pola idade que un vai tendo. Será porque o Antón comezou no Instituto... No sei, o caso é que cada vez lle estou a dar máis voltas a este tema do tempo.

Pensando, pensando observo como é un factor que me une algúns dos meus compañeiros, os que temos corenta e... Vimos os mesmo programas de televisión, vivimos máis ou menos os mesmos acontecementos históricos, vivencias persoais mais ou menos parecidas, ... e, ainda que con diferencias, son moitas as vivencias, os significados, os valores que compartimos. Somos dun tempo

En contraste, estan os outros, as outras, que xa son doutro tempo (o mesmo que nos para eles) cos que xa resulta máis complicado entenderse, que precisan de mais explicacions, ... En fin un clasico isto das diferencias xeracionáis pero desde a vivencia, e nos só como algo conceptual

martes, 1 de septiembre de 2009

Representantes politicos, por favor


Esta é unha das teimas nas que ando a maquinar desde hai ben tempo. Como algúns dos que me aturan xa teñen escoitado, son dos que penso que o que dicimos, cómo o dicimos condiciona a nosa visión da realidade e o tema dos mal chamados "politicos" é un exemplo claro.

Eu penso que todos somos "políticos" e así debe ser. A convivencia é un aspecto ineludible da nosa existencia polo que todo o que pensamos e facemos por convivir e esencial para o benestar propio e dos que viven ao noso redor.

Logo, arredor deste feito, constituense diversas formas de organizarnos e de regular a convivencia. Xurden tamén institucións onde se supón que se representan as perspectivas e intereses de boa parte da cidadanía e persoas ás que encomendamos esas funcións: os nosos representantes políticos, os mal chamados "políticos"

Esta denominación ("politicos") vai facer que sexan moitas as persoas que deixan de lado as súas responsabilidades e "deleguen" as mesmas en outras persoas e institucións dun xeito acritico. Renunciando aos seus dereitos e eludindo as propias responsabilidades: é cousa dos políticos, eu paso de política, non entendo desas cousas, ...

jueves, 20 de agosto de 2009

Obras públicas



Un pouquiño de respeto, por favor


O feito de traballar para todos, facendo algo que se supon que é un beneficio comun, non xustifica que non se teña suficiente coidado pra non molestar ou para que as molestias sexan as mínimas.


A modo de exemplo, pero estou seguro de que cada un, cada unha, pode atopar varios exemplos vouvos contar un par de historias:


Por aquí por onde vivo, algunha calle, que nos sirve de acceso para saires da cidade, votou semanas cortada porque a estaban arranxando. Entendo que o que hai que facer, pero non entendo que se corte semanas, o meu modo de ver moito máis tempo do que era imprescindible


Outro exemplo ocurreunos hoxe, onde eu traballo, onde por estar a desmontar para facer a famosa terceira ronda estiveron a punto de cortarnos a auga, sen avisar, sen pensar en facer o traballo nun tempo minimo para non perxudicarnos de mais aos que estamos a vivir e a traballar alí. Menos mal que un erro supuxo que nos enteraramos e que poideramos facerlles ver que era preciso avisarnos previamente e facer o traballo nun tempo minimo

martes, 18 de agosto de 2009

O por que deste blog


A verdade é que esto dos blogs é para min un descubremento. Desde hai meses son varios os blogs que estou a seguir e encantanme as posibilidades que nos ofrecen para intercambiar opinions.

Despois de darlle voltas, lánzome a crear un espacio para min e para vos e gustaríame que pouco a pouco formaramos unha tertulia amena sobre temas diversos. Xa sabedes, estades todos e todas invitados

Respecto do titulo, non é que me quera "enrocar" no que son. Ainda que teimudo, gustame intercambiar, aprender, medrar como persoa e como profesional... Sí que a miña identidade, que vivo como algo complexo, pareceme un punto de partida interesante: desde o que son vexo o mundo e o fagoo meu... Non sei, gustoume a idea e, ás veces funciono así, por ocurrencias