martes, 1 de septiembre de 2009

Representantes politicos, por favor


Esta é unha das teimas nas que ando a maquinar desde hai ben tempo. Como algúns dos que me aturan xa teñen escoitado, son dos que penso que o que dicimos, cómo o dicimos condiciona a nosa visión da realidade e o tema dos mal chamados "politicos" é un exemplo claro.

Eu penso que todos somos "políticos" e así debe ser. A convivencia é un aspecto ineludible da nosa existencia polo que todo o que pensamos e facemos por convivir e esencial para o benestar propio e dos que viven ao noso redor.

Logo, arredor deste feito, constituense diversas formas de organizarnos e de regular a convivencia. Xurden tamén institucións onde se supón que se representan as perspectivas e intereses de boa parte da cidadanía e persoas ás que encomendamos esas funcións: os nosos representantes políticos, os mal chamados "políticos"

Esta denominación ("politicos") vai facer que sexan moitas as persoas que deixan de lado as súas responsabilidades e "deleguen" as mesmas en outras persoas e institucións dun xeito acritico. Renunciando aos seus dereitos e eludindo as propias responsabilidades: é cousa dos políticos, eu paso de política, non entendo desas cousas, ...

2 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Tentar descifrar a política, en cachiños, rachando co denominador común que solemos "ser" é moi valente. Farei un alto, para ir seguindo os teus despertares. Bicos de cores

Alfonso Tembras dijo...

Ante todo moitas gracias polo teu comentario
Espero que o seu contido non te decepcione. Como xa expliquei mais abaixo non pretende ser máis que un lugar para a expresion e o intercambio
Un saúdo