jueves, 11 de noviembre de 2010

A Educación Social coma criterio de calidade


Hai uns días que tiven a oportunidade de participar nun encontro que se celebrou en Ourense. Concretamente nas II Xornadas Galegas de Patoloxía Dual organizadas po a Asociación Cadabullo. En primeiro lugar quero agradecer aos membros da Asociación os seus esforzos para acollernos e facernos sentir tan ben e tan agusto. De verdade moitas grazas
Foi agradable atoparse con tanta xente que hai tempo que non vía e coñecer a persoas e experiencias moi interesantes.
Tamén quero compartir con vos unha das conclusións ás que cheguéi falando con uns/has e con outros/as: ainda que a presencia de educadores/as nos recursos que hai para atender as persoas con problemas relacionados coa súa saúde mental vaise incrementando pouco a pouco, ésta é todavía moi escasa en Galicia e penso que este feito débese ao pouco desenvolvidos que están os programas que atenden a estas persoas na comunidade. Polo tanto, a ausencia/presencia dun maior número de educadoras e educadores vai constituir un indicador de como están desenvolvidos os servicios para atender a estas persoas a nivel comunitario

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Agora o problema vai ser facer as cousas ben


É un argumento perverso: dise que a rede de atención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas esta moito mellor que a rede de atención a persoas con problemas de saúde mental. E non un ou dous, escoitase con certa frecuencia

O certo é que antes de que a "crise" fixera mella nos nosos servizos (xa hai tempo que non temos sustitucións, reducense servizos pechando polas tardes ou nas fins de semana, etc) e despóis de tempo conseguiuse que a xente poidera acceder a unha carteira de servicios bastante homoxenea con tempos de espera máis que razoables. Funcinábamos razoablemente ben, mais non "sobrados".

A pesar da percepción de que os problemas de drogas xa non son o que eran, o certo é que traballo non nos falta. A nos, que formamos parte da "rede pública", e a unha longa serie de entidades que constituen unha rede paralela (Proxecto Home, Reto, Remar, ...). E boa parte desa percepción débese a que este problema está ben atendido, que a xente que ten problemas ten unha rede de recursos que vai dando respostas aos problemas relacionados co consumo de drogas.

Pois hoxe en día, e segundo algunhas "voces autorizadas", esto constitue un problema

E digo eu, non será mellor decir que a rede de atención aos problemas de saúde mental esta lonxe de funcionar dun modo axeitado, que ten problemas e poñerse mans a obra para mellorar?

martes, 21 de septiembre de 2010

Un Exemplo


Dandolle volta ao tema antes tratado, en relación a argumentos aparentemente sólidos como é o da crise, hoxe ben nos xornais unha nova que pode servirnos de exemplo: parece ser que se vai retirar o servicio de "noitebus"

Xa é interesante o debate respecto ás políticas preventivas que se estan a levar ou se pretenden levar, pero imos ao que imos: "las pelas" que diciamos antigamente

Evidentemente este servicio ten un custo e proporciona un servicio determinado a un nímero importante de (cidadans) xóvenes. Na nova aparecía unha estimación. O que se intenta é evitar o uso de vehículos particulares o que reduce o impacto ecolóxico, económico e sobre todo sanitario que pode ter ese uso en situacións onde, como consecuencia dun determinado modelo de diversión, o uso de o alcohol e outras drogas esta ampalmente difundido

Pensemos agora que un deses mozos que xa non dispon de este servicio sufre un accidente grave. Sen entrar nos custos indirectos que supoñen os sufrimentos do mozo ou moza e dos seus achegados, difíciles de obxetivar (ainda que se hai tamen custos obxectivos como antidepresivos e outros tratamentos para aliviar o sufrimento, baixas laborais, tempo empregado en acompañar ao doente no hospital e as moitas citas que supon o seu tratamento e á súa rehabilitacion...). O tratamento e os gastos directos derivados de cada accidente sí son máis facilmente estimables e, pregunto eu, cantos días se paga un destes autobuses con estos cartos?

viernes, 10 de septiembre de 2010

Argumentos "incontestables"




Hai tempo que non entro a escribir: o verán e para min un tempo de moita ocupación. Ao traballo habitual súmase o feito de que a familia esta de vacacións e temos que aproveitar ben este tempo que podemos compartir...
Sen embargo ideas non me faltan. A diferencia e que "campan" pola miña cabeza e dan voltas e mais voltas... A ver se coa volta a "normalidade" teño algo mais de tempo para ir escribindo algo mais...
Unha destas ideas que xa leva tempo por aqui é a presencia, cada vez con mais peso, de argumentos que nos amarran, que parece que nos deixan sen argumentos: primeiro o tema da seguridade que xustifica non sei cantos desmanes e agora o tema da crise
Valen para case todo e deixan sen efecto moitos dos dereitos que se foron conquerindo ao longo destos miles de anos
Respecto da seguridade, fabricar inimigos sempre foi de grande utilidade para xustificar ou ocultar cantidade de actos, omisións, etc
Pero a partires do 11 S. parece que "todo vale": detencións ilegais, persoas presas sen dereito os mínimos universáis. ataques preventivos... Eso parece que pasa lonxe de aquí e que non nos afecta, pero non é así. Todos padecemos o que supón subirse a un avión e non o padecemos tanto, pero cada vez mais xustifican a necesidade de desnudarnos con trebellos tecnolóxicos, de controlar as nosas comunicacións, a nosa ideoloxía ou relixión, ... Certo que a seguridade, a que sirve para garantizar os nosos dereitos é importante, pero non se poden vulnerar estos dereitos, os nosos ou os de outros, porque se non esta seguridade xa non tería sentido...
Outro argumento, que está a cobrar forza mais recentemente é o da crise. Coma no caso anterior, a situación serve para xustificar case de todo: de xeito arbitrario decidese que moitos dos programas, servicios, dereitos, ... Xa non se poden asumir e deixanse para mellor ocasion
Potras cuestions, que a ben seguro son máis que prescindibles: publicidades, dietas, contratos, ... Si que se seguen a manter. Recurrese a modelos mais eficaces e eficientes, que case sempre consisten en poñer en mans privadas servicios publicos, que logo resultan moito mais caros (vease o caso do Hospital do Centro Galego de Bos Aires) Ou gastar cartos en cambios estéticos (Canto costaria cambiar o nome de Galescolas por Galiña Azul? )
Por certo, en ambos casos hai responsables, cando menos politicos, de estas situacion. Ou acaso esta situacion de inseguridade non terá nada que ver coa "política de seguridade" levada a cabo durante moitos anos, financiando os que agora son os que nos amenazan, desestabilizando todas esas zonas do planeta que agora seguen a ser puntos quentes, zonas de conflicto... E se falamos da crise, non hai tamen responsables concretos, que ademáis logo veñen a ser os mais beneficiados das políticas anticrise...?


miércoles, 14 de julio de 2010

Falsos antagonismos


Se non estas conmigo estas contra min, branco ou negro, nacionais e republicanos, nacionalistas vs nacionalistas (dos outros)... Parece que todo ten que estar dividido en duas categorias e que non caben nen matices nen calquera tipo de argumento no que non quede clara a nosa inclinacion hacia un lado ou hacia o outro... E sen embargo xira... Ainda que a nosa capacidade de formar conceptos, categorías, clases, etc resulta dunha grande axuda para comprender e actuar sobre a nosa realidade, as veces ese mecanismo volvese contra nos cando non somos capaces de diferenciar as categorias -mais ou menos simples- que xera a nosa mente e unha realidade que é mais complexa e diversa e que se resiste ao nosos esforzos por aprehendela e controlala.

Asistencial - Educativo é unha destas dicotomías que plantexa unha colega e amiga: a solución é ambas en íntima conexión.

Algun/ha xa me terá escoitado plaxiar a Waztawick para dicir que "é imposible non educar". Se entendemos como asistencial o relacionado con dar resposta as necesidades, ou a algunhas delas, que plantexan as persoas nun determinado contexto e como educativo o deseño e contextos e accións mediadoras e formativas, cabe reflexionar desde o punto de vista educativo se o contexto e as accións deseñadas amplian as posibilidades dos suxeitos que delas participan para ser mais autónomos, de poder participar mais activamente nun(s) contexto(s) mais amplo(s) (¿normalizado?)... De buscar mellores respostas...

En resumo cada contexto e cada resposta "asistencial" é a súa vez un contexto e /ou unha resposta "educativa" e a nosa aportacion como educadoras e educadores debe ser a reflexion e a proposta para conseguir que estas sexan menos restrictivas e, polo tanto, mais enriquecedoras

martes, 20 de abril de 2010

O embigo do mundo


Hai xa tempo, comentei cos usuarios e usuarias do servicio onde eu traballo o feito que supuxo a aparicion das teorías de Darwin: os homes, as mulleres, deixaban de seres o centro da Creación para ser un eslabón mais na cadea evolutiva. Unha idea máis que revolucionaria que ainda hoxe en día nos custa asimilar.

Así o sinala Eduard Punset na editorial da revista REDES. Na mesma editorial sinala que "deberiamos aprender e entrenarnos para vivir nun mundo de probabilidades en lugar de certezas". Non lles sona isto ao comentario no que citei a Funes e a Toni Julia?

Despois disto empezamos a falar de "revolucións", de cambios de perspectiva, ... Ainda que realmente eu creo pouco nas revolucions pois os cambios, que son parte inevitable da existencia, ocurren pouco a pouco e os imos asimilando, imcorporando a nos, aos que somos, a como vemos a realidade, ... Poucas veces os vivimos como tais, temos un sentido do "eu" que nos fai vivirnos como unha realidade estática. De feito o medo a cambiar, é unha das dificultades que atopamos no noso traballo: si non son "eu" que son logo?...

jueves, 25 de marzo de 2010

Un Valedor que me valla

Hai días que lía perplexo que o Valedor do Pobo opinaba que o pais que defendian PSdG e BNG non existía, facendo referencia á oposición destes grupos a política que o PPdG esta a levar respecto da nosa lingua
A primeira idea que se me veu á cabeza é que este Valedor non me vale, non é quen de defender os meus dereitos coma galego pois manifesta unha visión moi sesgada da nosa realidade e se pon ao lado duns poucos que non estan pola labor de continuar co esforzo de normalización da nosa lingua que se iniciou co Estatuto e os primeiros gobernos da Xunta
Nin sequera con moitos dos/as votantes do PPdG que non teñen ningún problema coa nosa lingua, que tamen é a súa
Alinease cuns poucos aos que ser galegos molestalles, resultalles impropio. Patufos desleigados que dicia o poeta...

sábado, 27 de febrero de 2010

Asesoramento Vocacional


Onte participei dunha interesante conversa sobre si seria interesante desenvolver algunha intervencion orientada ao asesoramento vocacional para/con os nosos usuarios e as nosas usuarias. Enseguida asociei o termo, a etiqueta, a deteminadas orientacions, a determinadas prácticas que, teño que confesar nos son do meu agrado: determinismo, emprego de test con fins clasificatorios, .... Fronte a unha visión dinámica e de crecemento que é a visión que me gusta máis. Neste sentido resultame máis útil o concepto de "Orientación" e o de "Acompañamento" que tan maxistralmente expon Jordi Planella.

Unha conclusion interesante á que chegamos é que as "profesions vocacionáis" non soen ser das mellor pagadas: o feito de seres vocacionáis xa cubre parte dos nosos gastos

lunes, 22 de febrero de 2010

O meu poema favorito

Xa postos a colgar videos, vou compartir con vos o que, desde hai moito tempo, é o meu poema favorito: de Celso Emilio Ferreiro, "Deitado fronte ao mar" en versión dos "Dios ke te crew". Descubrino por casualidade vendo un programa da TVG e cando o presentaron falaban de que o artellaron gozando da compaña de Mercedes, unha vella coñecida (ela é nova, e só que nos coñecemos desde hai moito tempo) . Que pequeno é o mundo!

video

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

A ver se son quen de colgar o video da campaña "Orgullosos do noso, orgullosos do galego" que promoven os Equipos de Normalización Lingüística

video

miércoles, 27 de enero de 2010

Experiencia


Non recordo si foi aquí ou noutro lado onde compartín con todas e todos vos o valor que a incertidume ten coma criterio de que o que estamos a facer é unha práctica reflexiva que tenta achegar respostas, mellor ainda participar na construcción des respostas, máis humanas, máis solidarias, ... aos problemas que a realidade día a día nos plantexa coma grupo e coma individuos. Recordaba a fantástica introducción de Funes ao libro de Cales Sedó "Treballant como educador/a social" e as palabras que, cun sentido similar, Toni Julia pronunciou no acto de presentación do Proxecto de Lei para a creacion do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Quero traervos hoxe un par de citas que, nunha liña similar, fan referencia á experiencia. Nun texto que ten o suxerente título "La inquietud al servicio de la educacion", Jorge Sosa sinala que "A experiencia non é calquera cousa que aun lle pase; dunha experiencia saese transformado, marcado polo que se ten vivido e, as veces, coa necesidade de dar testemuña delo".

A outra pensaba que era a dedicatoria que se facia nun texto cun título cheo de significado "Educar es otra cosa", mais non. Xa a buscarei e intentarei recuperar a cita literal, pero aquel libro estaba dedicado a alguén que tivera "un ano de experiencia e moitos anos de face-lo mesmo". Penso que ese era o espiritu da cita.

viernes, 1 de enero de 2010

Darlle á Lingua


Supoño que é o pior que nos pode pasar, que os nosos se avergoñen de nos. Iso é o que nos está a pasar, para algúns á súa propia cultura, á súa propia lingua son motivo de vergoña. Pensanse menos ca outros e por iso queren seres que non son; rexeitan o propio.

E logo están os decretos, que por certo apenas se fai por que se cumplan, e que intentan regular os usos do idioma, dos idiomas.

Se cadra ese é o problema, que se trata ou se quere tratar a lingua, as linguas como idiomas, como algo alleo que hai que aprender, ou pior, que hai que aprobar. Quizais isto é tamen un obstaculo para o galego, para o inglés, ...

A lingua é algo vivo ou non é: temos e gozamos dunha incrible literatura, a xente pode ver a TV en galego, os debuxos animados, hai algunha pequena posibilidade de ver cine galego, ... Pero é preciso que fagamos ciencia en galego, que podamos relacionarnos coa administración e coa xusticia en galego, que amemos en galego ...

Así que xa sabedes, A DARLLE Á LINGUA