miércoles, 29 de septiembre de 2010

Agora o problema vai ser facer as cousas ben


É un argumento perverso: dise que a rede de atención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas esta moito mellor que a rede de atención a persoas con problemas de saúde mental. E non un ou dous, escoitase con certa frecuencia

O certo é que antes de que a "crise" fixera mella nos nosos servizos (xa hai tempo que non temos sustitucións, reducense servizos pechando polas tardes ou nas fins de semana, etc) e despóis de tempo conseguiuse que a xente poidera acceder a unha carteira de servicios bastante homoxenea con tempos de espera máis que razoables. Funcinábamos razoablemente ben, mais non "sobrados".

A pesar da percepción de que os problemas de drogas xa non son o que eran, o certo é que traballo non nos falta. A nos, que formamos parte da "rede pública", e a unha longa serie de entidades que constituen unha rede paralela (Proxecto Home, Reto, Remar, ...). E boa parte desa percepción débese a que este problema está ben atendido, que a xente que ten problemas ten unha rede de recursos que vai dando respostas aos problemas relacionados co consumo de drogas.

Pois hoxe en día, e segundo algunhas "voces autorizadas", esto constitue un problema

E digo eu, non será mellor decir que a rede de atención aos problemas de saúde mental esta lonxe de funcionar dun modo axeitado, que ten problemas e poñerse mans a obra para mellorar?

1 comentario:

Anónimo dijo...

o certo é que a min chegoume unha semán no SERGAS para comprobar o que dis no blog: os enfermos con problemas de adicción teñen unha asistencia e apoio de todo tipo moi de lonxe mellores que os que padecen outro tipo de enfermidades mentais... por certo, os traballadores que están no mundo das adiccións (con carácter xeral) viven moito mellor que os que traballan no SERGAS en moitos ámbitos da vida profesiona.... agora ben, as condicións laborais dos que traballan en Asociacións teñen ainda moito que mellorar en canto a algunhas das condición laborais...