viernes 1 de enero de 2010

Darlle á Lingua


Supoño que é o pior que nos pode pasar, que os nosos se avergoñen de nos. Iso é o que nos está a pasar, para algúns á súa propia cultura, á súa propia lingua son motivo de vergoña. Pensanse menos ca outros e por iso queren seres que non son; rexeitan o propio.

E logo están os decretos, que por certo apenas se fai por que se cumplan, e que intentan regular os usos do idioma, dos idiomas.

Se cadra ese é o problema, que se trata ou se quere tratar a lingua, as linguas como idiomas, como algo alleo que hai que aprender, ou pior, que hai que aprobar. Quizais isto é tamen un obstaculo para o galego, para o inglés, ...

A lingua é algo vivo ou non é: temos e gozamos dunha incrible literatura, a xente pode ver a TV en galego, os debuxos animados, hai algunha pequena posibilidade de ver cine galego, ... Pero é preciso que fagamos ciencia en galego, que podamos relacionarnos coa administración e coa xusticia en galego, que amemos en galego ...

Así que xa sabedes, A DARLLE Á LINGUA

martes 15 de diciembre de 2009

Mágoa


Quen me coñece sabe da miña afeccion polos libros e polas librarias, nas que me encanta gastar o tempo e tamen os cartos. Son varias as librarías que visito con certa periodicidade. Mais concretamente interesome por aquelas que están especializadas en educacion ou teñen unha sección importante dedicada e este tema e afins. Por este feito, encolleseme o corazon cando unha destas librarías desaparece ou ve minguado o espazo dedicado a esta materia. No primeiro caso atopamos a desaparecida Libraría Hernandez, que se atopaba na calle Galera, e que tiña uns fondos bastante interesantes. Ademáis abria as fins de semana, algo que hoxe en día non parece tan extraordinario. No segundo caso podo recordar as librarías Arenas e Molist, que cando cambiaron de ubicacion viron minguado considerablemente o seu espazo e, consecuentemente as seccions que me resultan máis interesantes

Para finais deste ano, xa mesmo, vaise pechar unha das que máis aprecio: Didacta. Neste caso tratase dunha libraria especializada en temas educativos. Facendo un esforzo de memoria, podo recordar os seus inicios, nos meus andeis hai exemplares "de época" e, lamentablemente vou poder recordar o seu peche

Ainda que posiblemente non vaia a ler este blog, quero agradecer ao dono da mesma, Jorge, a súa amabilidade, as súas atencións e despedir ese lugar tan agradable para min

martes 1 de diciembre de 2009

Adolescencias


Coa chegada do frio, a auga, ... Esta foi unha fin de semana de cine. Antón mais eu fomos ver "Luna Nueva" que xa como lectura interesou ao meu rapaz. Non vou facer unha crítica da película. Vou falar do ambiente que compartín cunhas cantas ducias de adolescentes, maioritariamente mozas.
No transcurso da película foron moitas as expresións de tipo "que rico", "que mono", ... que poiden escoitar. Certo é que as opinión estaban divididas entre as que valoraban os atractivos dun ou doutro dos protagonistas masculinos e tamen se escoituo algun xuicio sobre como a rapaza protagonista facía ou debería facer.
En fin, a verdade e que me vin sorprendido alí no medio de tanta rapaza polo apaixoamento co que vivian a película...
Non sei si ten comparacion co momento en que eu vivín, xunto con outros adolescentes, a estrea de "Grease". Ao mellor foi algo parecido só que eu xa non o recordo...

sábado 14 de noviembre de 2009

O Velo Islamico e Outras Historias


Estos días atras aparecen nos medios de comunicacion novas relacionadas co polemico tema do "velo" co que cubren as suas cabezas as rapazas e as mulleres islamicas: que si lle deron unha paliza a unha muller embarazada por non respetar este costume, que si un xuiz votou da sala a unha muller que levaba velo, que se lle prohibiu a unha alumna ir a clase co velo... É un tema que de cando en cando aparece nos medios
Enseguida puxenme a buscar en internet a imaxe dunha monxiña coa idea de que esta imaxe non nos resulta tan estraña a pesar de que en ambos casos o tocado ten o mesmo significado: a sumisión.
Non sei si quedara algunha relixiosa que exerza a docencia e que empregue o hábito ou si un xuiz votaría da sala a unha monxa que tivera que prestar declaración...
Non me gusta o significado que ambos símbolos representan, pero tampouco comparto as actitudes prohibicionistas, pois penso que incluso se esta a promover o contrario, e máis cando estas actitudes van en contra daquelo que se quere evitar: quizais si pode recibir unha educacion en igualdade cos seus compañeiros e compañeiras e reciba un trato non discriminatorio, se sinta respetada como persoa, ... quizáis así consiga liberarse de estas ataduras
É fundamental educar desde a igualdade e do respeto, e deste xeito, respetando, quizáis consigamos que se escoiten os nosos argumentos e que nalguns casos as persoas sexan capaces de liberarse dos simbolos propios dunha forma de pensar que entende que uns (unhas) deben someterse a outros

martes 10 de noviembre de 2009

Do Mellor


Este pasado venres tiven a ocasion de participar na "V Xornada do Plan Municipal de Conductas Adictivas" do Concello de Pontevedra. Teño que agradecerlles que a pesar de que, por motivos de traballo, non me foi posible apuntarme hasta o ultimisimo momento, lonxe de poñerme atrancos, animaronme a participar

O programa que nos ofreceron resultou dun grande interés e máis neste momento no que desde a Consellería estan a presentar unha proposta que revisa parte do modelo de atención as persoas con problemas relacionados co uso de drogas e, ainda que só aparece "nos títulos", outras conductas adictivas.

Fronte a uns modelos de "calidade" e de "diagnostico" cando menos cuestionables, e coa "novidade" de poñer os "pacientes" no "centro do proceso", Ernesto Lopez, Gerardo Florez e Enrique Garcia Huete, presentaron modelos e estratexias que poñen no centro dos procesos as persoas . Ofrecen as persoas que buscan axuda para os seus problemas e aos profesionáis que llela intentamos prestar, marcos de referencia e ferramentas que non etiquetan as persoas e as situacions senon que axudan a establecer criterios e estratexias no proceso que supon superar as súas dificultades.

Desde logo, sempre resulta de grande interes compartir ideas con tan senlleiras referencias e, como comentaba coa miña compañeira Blanca, que tamen tivo a oportunidade de estar alí, tratase de oportunidades que hai que aproveitar. Novamente gracias compañeiros de Pontevedra e quedamos a espera das vosas propostas cara o ano que ven

domingo 1 de noviembre de 2009

E segue a dar voltas


Veño de ver AGORA co meu fillo e, como non, dame por reflexionar. Mira que o mundo deu voltas desde aquela e que pouco cambiaron as cousas. A intolerancia, o medo a dúbida, ... Segue a ser a causa de milleiros de conflictos que suceden aquí e máis alá... Eso sí, matamonos dun xeito algo mais sofisticado, onde vai parar!

Tamen me fixo pensar nunha frase do finado Toni Julia que me quedou moi grabada cando a escoitei no acto no que presentabamos a solicitude de contitución do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais: a incertidume como criterio de calidade, ese malestar que che apreta no estómago e que che fai pensar e repensalo todo, poñer en dúbida o que fas, pensar e repensar se realmente será o mellor...

E tirando do fío acordeime tamén dunha idea exposta por Jaume Funes no prologo que fai do libro de Carles Sedó "Treballant com a Educadora o Educador Social" de que a nosa non é unha profesión onde abonden as seguridades e as certezas, ten que ser un/unha profesional capaz de tolerar a incertidume

miércoles 21 de octubre de 2009

Compromiso Ideoloxico ou Neutralidade


Con esta entrada quero facer unha reflexion acerca do que supón seres "neutral" ou "apolitico" e as, para min indubidabeis ventaxas de expresar un certo compromiso ideolóxico. Cando un expresa, dun xeito maduro, unha deteminada opción ideolóxica por unha banda soe facer explícita esta posicion de partida e, ademáis vaille resultar mais doado comprender que as outras persoas podan adoptar unha visiona ou unha postura diferente: a riqueza está no debate, no contraste de pareceres que pode levar a entendernos, a chegar a acordos, ...

Cando un ou unha se proclama neutral ou apolitico, está negando unha evidencia: cada un, cada unha ten unha visión do mundo particular que foi construindo ao longo da súa existencia. Normalmente fanse estas afirmacions desde a falta de reflexión sobre as opcions existentes e, o que é peor, desde esta suposta neutralidade, soese negar a lexitimidade de calquera outra visión. É por isto que os neutros, os apoliticos, soen facer apostas moi duras hacia o pensamento hexemónico, conservador do que é, do que sempre foi...