Hai tempo que non entro a escribir: o verán e para min un tempo de moita ocupación. Ao traballo habitual súmase o feito de que a familia esta de vacacións e temos que aproveitar ben este tempo que podemos compartir...
Sen embargo ideas non me faltan. A diferencia e que "campan" pola miña cabeza e dan voltas e mais voltas... A ver se coa volta a "normalidade" teño algo mais de tempo para ir escribindo algo mais...
Unha destas ideas que xa leva tempo por aqui é a presencia, cada vez con mais peso, de argumentos que nos amarran, que parece que nos deixan sen argumentos: primeiro o tema da seguridade que xustifica non sei cantos desmanes e agora o tema da crise
Valen para case todo e deixan sen efecto moitos dos dereitos que se foron conquerindo ao longo destos miles de anos
Respecto da seguridade, fabricar inimigos sempre foi de grande utilidade para xustificar ou ocultar cantidade de actos, omisións, etc
Pero a partires do 11 S. parece que "todo vale": detencións ilegais, persoas presas sen dereito os mínimos universáis. ataques preventivos... Eso parece que pasa lonxe de aquí e que non nos afecta, pero non é así. Todos padecemos o que supón subirse a un avión e non o padecemos tanto, pero cada vez mais xustifican a necesidade de desnudarnos con trebellos tecnolóxicos, de controlar as nosas comunicacións, a nosa ideoloxía ou relixión, ... Certo que a seguridade, a que sirve para garantizar os nosos dereitos é importante, pero non se poden vulnerar estos dereitos, os nosos ou os de outros, porque se non esta seguridade xa non tería sentido...
Outro argumento, que está a cobrar forza mais recentemente é o da crise. Coma no caso anterior, a situación serve para xustificar case de todo: de xeito arbitrario decidese que moitos dos programas, servicios, dereitos, ... Xa non se poden asumir e deixanse para mellor ocasion
Potras cuestions, que a ben seguro son máis que prescindibles: publicidades, dietas, contratos, ... Si que se seguen a manter. Recurrese a modelos mais eficaces e eficientes, que case sempre consisten en poñer en mans privadas servicios publicos, que logo resultan moito mais caros (vease o caso do Hospital do Centro Galego de Bos Aires) Ou gastar cartos en cambios estéticos (Canto costaria cambiar o nome de Galescolas por Galiña Azul? )
Por certo, en ambos casos hai responsables, cando menos politicos, de estas situacion. Ou acaso esta situacion de inseguridade non terá nada que ver coa "política de seguridade" levada a cabo durante moitos anos, financiando os que agora son os que nos amenazan, desestabilizando todas esas zonas do planeta que agora seguen a ser puntos quentes, zonas de conflicto... E se falamos da crise, non hai tamen responsables concretos, que ademáis logo veñen a ser os mais beneficiados das políticas anticrise...?
No hay comentarios:
Publicar un comentario