martes, 15 de diciembre de 2009

Mágoa


Quen me coñece sabe da miña afeccion polos libros e polas librarias, nas que me encanta gastar o tempo e tamen os cartos. Son varias as librarías que visito con certa periodicidade. Mais concretamente interesome por aquelas que están especializadas en educacion ou teñen unha sección importante dedicada e este tema e afins. Por este feito, encolleseme o corazon cando unha destas librarías desaparece ou ve minguado o espazo dedicado a esta materia. No primeiro caso atopamos a desaparecida Libraría Hernandez, que se atopaba na calle Galera, e que tiña uns fondos bastante interesantes. Ademáis abria as fins de semana, algo que hoxe en día non parece tan extraordinario. No segundo caso podo recordar as librarías Arenas e Molist, que cando cambiaron de ubicacion viron minguado considerablemente o seu espazo e, consecuentemente as seccions que me resultan máis interesantes

Para finais deste ano, xa mesmo, vaise pechar unha das que máis aprecio: Didacta. Neste caso tratase dunha libraria especializada en temas educativos. Facendo un esforzo de memoria, podo recordar os seus inicios, nos meus andeis hai exemplares "de época" e, lamentablemente vou poder recordar o seu peche

Ainda que posiblemente non vaia a ler este blog, quero agradecer ao dono da mesma, Jorge, a súa amabilidade, as súas atencións e despedir ese lugar tan agradable para min

1 comentario:

abm dijo...

Realmente unha mágoa que se peche Didacta. A cidade quedará sen unha libraría de referencia en temas educativos e, sobre todo, sen ningunha libraría especializada e con bo fondo como ela.