Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai outros que loitan moitos anos e son moito mellores. Pero hai outros que loitan toda a vida: ésos son os imprescindibles.
Bertolt Brecht
Bertolt Brecht
Está claro: Brecht expresa moi claramente o que quero dicir. Só me queda sinalar por qué o sei, por qué podo afirmar que Alberto, para min o Presidente, forma parte deste selecto grupo. Pois é fácil, porque durante un tempo eu estaba alí
Eu recordo que nos coñecimos en Narón, nun curso sobre drogas que organizamos na Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia. Náis tarde tamen o recordo nun curso memorable que fixemos en Coruña con García Huete... Logo xa o recordo na xunta directiva da Asociación, Presidente... Logo centos de miles de iniciativas, de xestións, de reunións, de encontros, ... Cara un fin, cara unha ilusión: poñer a nosa profesión no sitio que merece. Alí estivemos cando no Parlamento de Galicia se aprovou a Lei de Creacion do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.
Anos máis tarde estaba alí, estabamos alí, noutro dos hitos da profesión: a constitución do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales... Presidente
2 comentarios:
sí Alfonso, qué razón tes..
Sodes dous loitadores e dous exemplos de autosuperación para min.
Alégrome de traballar convosco e participar no voso proxecto.
bicos
Mari
Teno un compañeiro que di "Anda que tu!"
Podería falar unha por unha das persoas que participaron e estan a participar nos proxectos dos que estamos a falar. Habería que facelo...
E, sen dudalo, ti tamen estas a facer un papel moi importante neles
Un abrazo
Publicar un comentario