viernes, 18 de febrero de 2011

Agasallos



O pasado venres 11/02/2011 resultou para min un día moi especial. Celebrabamos no Colexio Asemblea (s) na que resultou elexida unha nova Xunta de Goberno que encabeza a miña querida compañeira Sofía. Vai a estar moi ben acompañada por un grande equipo de colegas que seguro que van a conseguir avanzar neste proxecto que é o Colexio como ferramenta para conseguir poñer a profesión no lugar que merece. Vénseme á cabeza o estribillo daquela canción "... y no estabas tuuuu ..." Mais sí que estaba e, como xa dixen as/0s que alí estabamos, non pensaba marchar ao colexio de enfrente. Estaba e penso seguir estando.


Esta foi a entrada a unha tarde moi chea de emocións. Ás de sempre -que non por isto son menos importantes- o encontro e o (re)coñecemento de moitas e moitos que estamos aquí desde hai tempo ou hai pouco que chegamos (sen desmerecer a ninguen encantoume atopar a Sole, que había moito tempo que non vía, e a Jorge, que vira non hai moito pero que non estaba por estas festas había tempo) Tamén tiven a oportunidade de coñecer a Sera en persoa, despóis de ter lido desde hai ben tempo os seus pensamentos no seu archicoñecido blog "Educador Social en Alaska" e o seu irman Rafa


Estar entre amigas e amigos é xa en sí mesmo un agasallo. Pero despóis, con lazo incluido, poidemos disfrutar da obra de teatro "Educador Social en Alaska". Non sabería como facervos chegar as miñas impresións, a miña emoción ... Unha posta en escea fantastica de tantos e tantos pensamentos e sentimentos que Sera leva xa tempo compartindo con nos. E ademáis o teatro estaba absolutamente cheo pois aos que estabamos alí presentes sumaronse alumnas/os e profesoras/os da Facultade de Educación da USC


No capítulo dos agradecementos, ademáis de sinalar as/os meus compañeiras/os na Xunta de Goberno e as fantasticas profesionáis que traballan para nos no Colexio que fixeron todo isto posible a miña compañeira Victoria que facendo o meu traballo fixo posible que eu poidera asistir e disfrutar destoutros agasallos

4 comentarios:

Asier Felix dijo...

Ainda que non nos vemos, creo que vamos levarnos moi ben. Si ises dous comediantes da educación, como son Sera e mais Rafa, vos caeron ben, seguro que nos non vamos ser menos.

Un apreta moi forte, e animo co excelente traballo levado no Colexio.

Att. Asier (educablog)

PD: Invitei a ver a obra a xente (educadores e profesorado) da facultade de Ourense, pero non sei si se achegaron por ali ou non ????

Alfonso Tembras dijo...

Gustariame corresponder a túa amabilidade por facer o teu comentario na nosa lingua, mais eu non teño a mesma capacidade ca ti. A verdade é que había moita xente pero nin idea de si había xente da facultade de Ourense. Tamén é certo que son poucas as persoas da Facultade que eu teño o gusto de coñecer persoalmente.
Un abrazo moi grande desde Galicia. Así como din a lata para que trouxeramos Educador Social en Alaska, non dudes que, en canto teñades a vosa publicación para presentar, darei a lata para que tamén teñamos a oportunidade de coñecernos en persoa

Asier Felix dijo...

Recollemos o guante. A presentación do mesmo, será con toda probabilidade o dia 31 de Marzo en Bilbao. Pero haberá moitas mais.

Un apreta.

Alfonso Tembras dijo...

Pois desde xa transmito as/aos meus/miñas compañeiras do CEESG a necesidade de traervos para coñecernos e para dar a coñecer o voso traballo.
Un abrazo enorme