lunes, 21 de septiembre de 2009

Dun tempo, Doutro tempo


Será pola idade que un vai tendo. Será porque o Antón comezou no Instituto... No sei, o caso é que cada vez lle estou a dar máis voltas a este tema do tempo.

Pensando, pensando observo como é un factor que me une algúns dos meus compañeiros, os que temos corenta e... Vimos os mesmo programas de televisión, vivimos máis ou menos os mesmos acontecementos históricos, vivencias persoais mais ou menos parecidas, ... e, ainda que con diferencias, son moitas as vivencias, os significados, os valores que compartimos. Somos dun tempo

En contraste, estan os outros, as outras, que xa son doutro tempo (o mesmo que nos para eles) cos que xa resulta máis complicado entenderse, que precisan de mais explicacions, ... En fin un clasico isto das diferencias xeracionáis pero desde a vivencia, e nos só como algo conceptual

martes, 1 de septiembre de 2009

Representantes politicos, por favor


Esta é unha das teimas nas que ando a maquinar desde hai ben tempo. Como algúns dos que me aturan xa teñen escoitado, son dos que penso que o que dicimos, cómo o dicimos condiciona a nosa visión da realidade e o tema dos mal chamados "politicos" é un exemplo claro.

Eu penso que todos somos "políticos" e así debe ser. A convivencia é un aspecto ineludible da nosa existencia polo que todo o que pensamos e facemos por convivir e esencial para o benestar propio e dos que viven ao noso redor.

Logo, arredor deste feito, constituense diversas formas de organizarnos e de regular a convivencia. Xurden tamén institucións onde se supón que se representan as perspectivas e intereses de boa parte da cidadanía e persoas ás que encomendamos esas funcións: os nosos representantes políticos, os mal chamados "políticos"

Esta denominación ("politicos") vai facer que sexan moitas as persoas que deixan de lado as súas responsabilidades e "deleguen" as mesmas en outras persoas e institucións dun xeito acritico. Renunciando aos seus dereitos e eludindo as propias responsabilidades: é cousa dos políticos, eu paso de política, non entendo desas cousas, ...