De cando en veces ocurre e teño un ataque de frikismo e dame por pensar cousas perfectamente inútiles...
Seguramente un efecto secundario dun cerebro evolucionado
O tema, adiviñades, aa mitocondrias...
Xa sabedes que o tal “cromosoma y” é só un anaquiño ben pequeno de material xenético
E tamén que os espermatozoides sonche unhas células bastante limitadiñas
Será por isto, por esta falta de material xenético, que recurrimos facilmente á violencia
O caso é que as mitocondrias herdanse por a liña feminina
Eu comparto as mesmas mitocondrias cos meus sobriños, coa miña irma, coa miña nai ...
E de ahí cheguei á miña avoa Avelina
Unha muller miuda pero con moito carácter e enerxía...
Unha muller que apenas saiu do lugar no que naceu...
Unha muller de ideas fortes quizais porque xa sendo moi nova tivo que asumir a responsabilidade de sacar adiante os seus irmans mais pequenos...
E logo veume á cabeza a imaxe do meu avó Benigno. De pe, cerca da radio ou da televisión, moi atento ás noticias
Meu avó tiña algo de mundo: emigrou sendo un neno á Habana... Logo a mili na Coruña
Todas estas imaxes, estes recordos, fixeronme sentir cariño.
Cariño por a miña xente, por as miñas raices. Raices vencelladas moi de preto á terra, a unha terra concreta que os meus devanceiros traballaron e coidaron.