Son moitas ás veces que a educación, as máis das veces o ensino, son tema de conversa en situacións e ocasións diversas
E, a pesar das evidencias, sempre voltamos unha e outra vez aos esquemas nos que fomos socializados : libros de texto, estratexias expositivas e avaliación de coñecementos a traverso de exames ...
Evidencias de que o qué estamos a facer non vai ben temos moitísimas: taxas altas de "fracaso" e abandono escolar, a nosa prácticamente nula competencia en idiomas e noutras materias...
Tampouco satisfán as demandas da sociedade e do tecido productivo, que buscan persoas flexibles, con capacidade de afrontar retos, de traballar en equipo, ...
E por outra banda, ejemplos de boas prácticas, de prácticas que funcionan témolas al noso redor: métodos flexibles, centrados nas e nos alumnos e nas súas necesidades, para desenvolver máis competencias que a memorización de diversos contidos
E as probas, incluso exames como ás probas PISA, dan a razón a quen aposta por unha educación, por un ensino, basado nas evidencias que temos sobre o que funciona en educación, que apostan moi en serio por un sistema educativo público e de calidade, que valoran e apostan por os profesionáis do sistema educativo, que invisten un presuposto suficiente neste ámbito, ... Que máis alá dos discursos, cren na educación e no seu valor para os individuos e a sociedades