Un mundo mellor...
Onte o meu fillo sentiu terror... Escoitábamos as novas na radio e comezaron a falar da guerra.Pero hai GUERRA? Onde? Pero...
Pois sí fillo. En moitos sitios do mundo hai guerras...
Pero guerras de verdade? Sí, de verdade. Hai xente que morre e moita xente, tamén nenas e nenos -especialmente nenas e nenos- que o está a pasar moi mal acotío
E, coma en moitas ocasións, síntome privilexiado. Moi privilexiado a pesares de todo... E sei que no meu entorno hai moita xente que o está a pasar mal
E tamén síntome na obriga de traballar por un mundo mellor para todas e para todos. Na medida das niñas posibilidades. Sumando os meus esforzos con outras e con outros
Si todos remaramos nesa dirección, de seguro que notaríamos os resultados e esas novas que sobresaltan ao meu neno, que nos sobresaltan a todas y a todos, serían cada vez menos
Pensemos no mundo que estamos a construir para as nosas fillas, para os nosos fillos... (e de cómo as/os educamos para esta empresa)