martes, 20 de abril de 2010

O embigo do mundo


Hai xa tempo, comentei cos usuarios e usuarias do servicio onde eu traballo o feito que supuxo a aparicion das teorías de Darwin: os homes, as mulleres, deixaban de seres o centro da Creación para ser un eslabón mais na cadea evolutiva. Unha idea máis que revolucionaria que ainda hoxe en día nos custa asimilar.

Así o sinala Eduard Punset na editorial da revista REDES. Na mesma editorial sinala que "deberiamos aprender e entrenarnos para vivir nun mundo de probabilidades en lugar de certezas". Non lles sona isto ao comentario no que citei a Funes e a Toni Julia?

Despois disto empezamos a falar de "revolucións", de cambios de perspectiva, ... Ainda que realmente eu creo pouco nas revolucions pois os cambios, que son parte inevitable da existencia, ocurren pouco a pouco e os imos asimilando, imcorporando a nos, aos que somos, a como vemos a realidade, ... Poucas veces os vivimos como tais, temos un sentido do "eu" que nos fai vivirnos como unha realidade estática. De feito o medo a cambiar, é unha das dificultades que atopamos no noso traballo: si non son "eu" que son logo?...