miércoles, 21 de octubre de 2009

Compromiso Ideoloxico ou Neutralidade


Con esta entrada quero facer unha reflexion acerca do que supón seres "neutral" ou "apolitico" e as, para min indubidabeis ventaxas de expresar un certo compromiso ideolóxico. Cando un expresa, dun xeito maduro, unha deteminada opción ideolóxica por unha banda soe facer explícita esta posicion de partida e, ademáis vaille resultar mais doado comprender que as outras persoas podan adoptar unha visiona ou unha postura diferente: a riqueza está no debate, no contraste de pareceres que pode levar a entendernos, a chegar a acordos, ...

Cando un ou unha se proclama neutral ou apolitico, está negando unha evidencia: cada un, cada unha ten unha visión do mundo particular que foi construindo ao longo da súa existencia. Normalmente fanse estas afirmacions desde a falta de reflexión sobre as opcions existentes e, o que é peor, desde esta suposta neutralidade, soese negar a lexitimidade de calquera outra visión. É por isto que os neutros, os apoliticos, soen facer apostas moi duras hacia o pensamento hexemónico, conservador do que é, do que sempre foi...

domingo, 18 de octubre de 2009

Regulación vs. Precarización


Este venres tiven a oportunidade de participar no "Espacio Dialoga", un encontro organizado polas miñas compañeiras Laura e Sofia da Área de Comunicacion do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia xunto con persoas do Colexio Oficial de Psicoloxia de Galicia e do Colexio Oficial de Diplomados de Traballo Social de Galicia. Nesta ocasion reunimonos con representantes da CIG e de CCOO ainda que tamen estaban invitados UXT e algunha das "patronais" da "intervencion social" de Galicia.

Foi un encontro moi productivo, pois traballamos sobre unha dimensión de moito interés tanto para os profesionais -tamén traballadores- como, e non debemos esquecelo, para as persoas que se benefician ou se poden beneficiar dos servicios que prestamos.

A existencia ou non dun convenio, ou de convenios, que regulen aspectos como salarios, horarios, ratios, estabilidade nos postos de traballo, ... As condicions laborais dos que estamos a traballar nos diversos servicios desde os que prestamos as atencions ás que teñen dereito como cidadas e ciudadans ... Supón unha importante garantia para ambas partes e, doutra banda, axudan a establecer uns mínimos a partir dos que negociar os custos dos diversos servizos coa outra parte, case sempre implicada, que é a Administración, as diferentes administracions, que estan a "conveniar" para dar resposta a moitas -cada vez máis- das súas obrigas

A falta de regulacion só da lugar á precarizacion dos servizos públicos. E, nun tempo de crise como no que nos atopamos, parece mais lexitimo aforrar e, como aqui o vencello é feble, as prestacions teñense que facer a prezo de saldo: soldos e condicions de miseria, alta rotacion do persoal, escasa inversion en formacion, ... E todo isto repercute nas persoas que teñen dereito á prestacions de calidade e, en moitos casos, estamos a falar de persoas que non son quen de facer valer os seus dereitos...

E, xa desde o mais persoal, penso que estas situacions afectannos máis si cabe aos profesionais da educacion social, ... ¿ou non?

jueves, 1 de octubre de 2009

Novas caras


A cousa é que todo remata e asi hoxe tiven que voltar das miñas vacacions. O caso é que un mes onde eu traballo é moito tempo. E ainda que non fun quen de abarcar todas as novidades, o que si aconteceu é que nada mais chegar atópome con varias caras novas. Persoas que se foron incorporando ao longo de este mes.

Unha ventaxa de traballar onde eu traballo é que non hai dous días iguais, "todo fluye" que dicía o filósofo e cada persoa, cada un de nos, aporta algo nese fluir.

Nada, agora toca recuperar o ritmo. Ir recollendo toda esa informacion pendente. Tomarme tempo en coñecer a estas persoas que chegaron neste último mes e interesarme en como lles foi aos que deixei cando marchei de vacacions