jueves, 10 de marzo de 2011

Impulso decidido


Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai outros que loitan moitos anos e son moito mellores. Pero hai outros que loitan toda a vida: ésos son os imprescindibles.
Bertolt Brecht

Está claro: Brecht expresa moi claramente o que quero dicir. Só me queda sinalar por qué o sei, por qué podo afirmar que Alberto, para min o Presidente, forma parte deste selecto grupo. Pois é fácil, porque durante un tempo eu estaba alí

Eu recordo que nos coñecimos en Narón, nun curso sobre drogas que organizamos na Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia. Náis tarde tamen o recordo nun curso memorable que fixemos en Coruña con García Huete... Logo xa o recordo na xunta directiva da Asociación, Presidente... Logo centos de miles de iniciativas, de xestións, de reunións, de encontros, ... Cara un fin, cara unha ilusión: poñer a nosa profesión no sitio que merece. Alí estivemos cando no Parlamento de Galicia se aprovou a Lei de Creacion do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

Anos máis tarde estaba alí, estabamos alí, noutro dos hitos da profesión: a constitución do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales... Presidente

sábado, 19 de febrero de 2011

Toni Puig e a monxa


Non consigo sacalo da cabeza. Fun escoitar á Toni Puig que estivo espectacular cunha reflexion moi estimulante (SEX nas súas palabras) sobre o papel que teñen que xogar as ASOCIACIONS... Alimento para o meu cerebro que dicia un dos meus "clientes"... Pero xusto diante de min estaba unha monxa co seu hábito... En mitade dun arduo debate sobre o uso do velo... Co seu pano na cabeza... quizáis reivindicando o seu dereito a identificarse públicamente coas súas crenzas ... Non saquei o tema ... Ninguen o sacou ... pero a idea saltábame á cabeza unha e outra vez mentres disfrutaba da fantastica exposición das ideas que nos fixo Toni Puig... Tamén me encantou o deseño das diapos que acompañaban ás súas palabras ...
Por certo, se buscades en Google imaxes de monxas... En fin, a cousa xa non é o que era!

viernes, 18 de febrero de 2011

Agasallos



O pasado venres 11/02/2011 resultou para min un día moi especial. Celebrabamos no Colexio Asemblea (s) na que resultou elexida unha nova Xunta de Goberno que encabeza a miña querida compañeira Sofía. Vai a estar moi ben acompañada por un grande equipo de colegas que seguro que van a conseguir avanzar neste proxecto que é o Colexio como ferramenta para conseguir poñer a profesión no lugar que merece. Vénseme á cabeza o estribillo daquela canción "... y no estabas tuuuu ..." Mais sí que estaba e, como xa dixen as/0s que alí estabamos, non pensaba marchar ao colexio de enfrente. Estaba e penso seguir estando.


Esta foi a entrada a unha tarde moi chea de emocións. Ás de sempre -que non por isto son menos importantes- o encontro e o (re)coñecemento de moitas e moitos que estamos aquí desde hai tempo ou hai pouco que chegamos (sen desmerecer a ninguen encantoume atopar a Sole, que había moito tempo que non vía, e a Jorge, que vira non hai moito pero que non estaba por estas festas había tempo) Tamén tiven a oportunidade de coñecer a Sera en persoa, despóis de ter lido desde hai ben tempo os seus pensamentos no seu archicoñecido blog "Educador Social en Alaska" e o seu irman Rafa


Estar entre amigas e amigos é xa en sí mesmo un agasallo. Pero despóis, con lazo incluido, poidemos disfrutar da obra de teatro "Educador Social en Alaska". Non sabería como facervos chegar as miñas impresións, a miña emoción ... Unha posta en escea fantastica de tantos e tantos pensamentos e sentimentos que Sera leva xa tempo compartindo con nos. E ademáis o teatro estaba absolutamente cheo pois aos que estabamos alí presentes sumaronse alumnas/os e profesoras/os da Facultade de Educación da USC


No capítulo dos agradecementos, ademáis de sinalar as/os meus compañeiras/os na Xunta de Goberno e as fantasticas profesionáis que traballan para nos no Colexio que fixeron todo isto posible a miña compañeira Victoria que facendo o meu traballo fixo posible que eu poidera asistir e disfrutar destoutros agasallos

domingo, 9 de enero de 2011

Educadoras e educadores socias na escola


A parte boa é que a convivencia estase a constituir coma un dos temas de interés, nun dos obxectivos centrais do ensino. A parte mala é que para algúns a solución está na "autoridade", unha resposta violenta aos problemas de violencia. Afondando neste tema hai diversos traballos coma o texto que sobre o tema da autoridade escribe o filósofo Marina.
Outras propostas pasan por incorporar aos centros de ensino novos profesionáis, educadoras e educadores sociais, como xa se ten feito noutras Comunidades Autónomas, para mellorar as respostas que se están a dar a este tema da convivencia así como a utros temas coma o absentismo, á relacion coas familias e co resto da comunidade , á dinamización do "espacio extraescolar", ...

jueves, 11 de noviembre de 2010

A Educación Social coma criterio de calidade


Hai uns días que tiven a oportunidade de participar nun encontro que se celebrou en Ourense. Concretamente nas II Xornadas Galegas de Patoloxía Dual organizadas po a Asociación Cadabullo. En primeiro lugar quero agradecer aos membros da Asociación os seus esforzos para acollernos e facernos sentir tan ben e tan agusto. De verdade moitas grazas
Foi agradable atoparse con tanta xente que hai tempo que non vía e coñecer a persoas e experiencias moi interesantes.
Tamén quero compartir con vos unha das conclusións ás que cheguéi falando con uns/has e con outros/as: ainda que a presencia de educadores/as nos recursos que hai para atender as persoas con problemas relacionados coa súa saúde mental vaise incrementando pouco a pouco, ésta é todavía moi escasa en Galicia e penso que este feito débese ao pouco desenvolvidos que están os programas que atenden a estas persoas na comunidade. Polo tanto, a ausencia/presencia dun maior número de educadoras e educadores vai constituir un indicador de como están desenvolvidos os servicios para atender a estas persoas a nivel comunitario

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Agora o problema vai ser facer as cousas ben


É un argumento perverso: dise que a rede de atención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas esta moito mellor que a rede de atención a persoas con problemas de saúde mental. E non un ou dous, escoitase con certa frecuencia

O certo é que antes de que a "crise" fixera mella nos nosos servizos (xa hai tempo que non temos sustitucións, reducense servizos pechando polas tardes ou nas fins de semana, etc) e despóis de tempo conseguiuse que a xente poidera acceder a unha carteira de servicios bastante homoxenea con tempos de espera máis que razoables. Funcinábamos razoablemente ben, mais non "sobrados".

A pesar da percepción de que os problemas de drogas xa non son o que eran, o certo é que traballo non nos falta. A nos, que formamos parte da "rede pública", e a unha longa serie de entidades que constituen unha rede paralela (Proxecto Home, Reto, Remar, ...). E boa parte desa percepción débese a que este problema está ben atendido, que a xente que ten problemas ten unha rede de recursos que vai dando respostas aos problemas relacionados co consumo de drogas.

Pois hoxe en día, e segundo algunhas "voces autorizadas", esto constitue un problema

E digo eu, non será mellor decir que a rede de atención aos problemas de saúde mental esta lonxe de funcionar dun modo axeitado, que ten problemas e poñerse mans a obra para mellorar?

martes, 21 de septiembre de 2010

Un Exemplo


Dandolle volta ao tema antes tratado, en relación a argumentos aparentemente sólidos como é o da crise, hoxe ben nos xornais unha nova que pode servirnos de exemplo: parece ser que se vai retirar o servicio de "noitebus"

Xa é interesante o debate respecto ás políticas preventivas que se estan a levar ou se pretenden levar, pero imos ao que imos: "las pelas" que diciamos antigamente

Evidentemente este servicio ten un custo e proporciona un servicio determinado a un nímero importante de (cidadans) xóvenes. Na nova aparecía unha estimación. O que se intenta é evitar o uso de vehículos particulares o que reduce o impacto ecolóxico, económico e sobre todo sanitario que pode ter ese uso en situacións onde, como consecuencia dun determinado modelo de diversión, o uso de o alcohol e outras drogas esta ampalmente difundido

Pensemos agora que un deses mozos que xa non dispon de este servicio sufre un accidente grave. Sen entrar nos custos indirectos que supoñen os sufrimentos do mozo ou moza e dos seus achegados, difíciles de obxetivar (ainda que se hai tamen custos obxectivos como antidepresivos e outros tratamentos para aliviar o sufrimento, baixas laborais, tempo empregado en acompañar ao doente no hospital e as moitas citas que supon o seu tratamento e á súa rehabilitacion...). O tratamento e os gastos directos derivados de cada accidente sí son máis facilmente estimables e, pregunto eu, cantos días se paga un destes autobuses con estos cartos?