martes, 10 de enero de 2012

Reler os clásicos

A proposta era escribir algo sobre a relación entre o uso de drogas e a exclusión social... E claro, recúrrese ao que se ten: Amando Vega, Jaume Funes, Jesús Valverde... Moi interesante volverse a atopar coas súas ideas e, máis interesante ainda, é ver a necesidade de reler os clásicos: non se trata so de recordar as súas ideas senon de facer unha nova lectura das mesmas desde os cambios que levamos vivido na realidade, e o consumo de drogas e as súas consecuencias, é un aspecto máis que está en constante evolución. A pesares do atractivo da empresa, como un vive do seu traballo e ademáis forma parte dunha familia numerosa (en número, en atencións, ...) pois o intento quedará niso, en intención. Si que pode ser un estímulo para aqueles outros que dispoñan de interés e, sobre todo de tempo.
Outro encontro interesante foi unha publicación de BOBES, CASAS E GUTIERREZ (2011): Manual de trastornos adictivos. O que primeiro chama a miña atención é o peso que os trastornos psiquiátricos ten no índice da obra. Nunha obra anterior de características moi similares BOBES, CASAS E GUTIERREZ (2003) o peso estaba nas sustancias. Trátase dun exemplo que ilustra moi ben o que está a acontecer neste ámbito.
E qué podemos aportar desde a educación social, pois penso que a nosa mirada debe centrarse nas persoas tentando recuperar o seu protagonismo e a súa participación