Hai días que lía perplexo que o Valedor do Pobo opinaba que o pais que defendian PSdG e BNG non existía, facendo referencia á oposición destes grupos a política que o PPdG esta a levar respecto da nosa lingua
A primeira idea que se me veu á cabeza é que este Valedor non me vale, non é quen de defender os meus dereitos coma galego pois manifesta unha visión moi sesgada da nosa realidade e se pon ao lado duns poucos que non estan pola labor de continuar co esforzo de normalización da nosa lingua que se iniciou co Estatuto e os primeiros gobernos da Xunta
Nin sequera con moitos dos/as votantes do PPdG que non teñen ningún problema coa nosa lingua, que tamen é a súa
Alinease cuns poucos aos que ser galegos molestalles, resultalles impropio. Patufos desleigados que dicia o poeta...
jueves, 25 de marzo de 2010
sábado, 27 de febrero de 2010
Asesoramento Vocacional

Onte participei dunha interesante conversa sobre si seria interesante desenvolver algunha intervencion orientada ao asesoramento vocacional para/con os nosos usuarios e as nosas usuarias. Enseguida asociei o termo, a etiqueta, a deteminadas orientacions, a determinadas prácticas que, teño que confesar nos son do meu agrado: determinismo, emprego de test con fins clasificatorios, .... Fronte a unha visión dinámica e de crecemento que é a visión que me gusta máis. Neste sentido resultame máis útil o concepto de "Orientación" e o de "Acompañamento" que tan maxistralmente expon Jordi Planella.
Unha conclusion interesante á que chegamos é que as "profesions vocacionáis" non soen ser das mellor pagadas: o feito de seres vocacionáis xa cubre parte dos nosos gastos
lunes, 22 de febrero de 2010
O meu poema favorito
Xa postos a colgar videos, vou compartir con vos o que, desde hai moito tempo, é o meu poema favorito: de Celso Emilio Ferreiro, "Deitado fronte ao mar" en versión dos "Dios ke te crew". Descubrino por casualidade vendo un programa da TVG e cando o presentaron falaban de que o artellaron gozando da compaña de Mercedes, unha vella coñecida (ela é nova, e só que nos coñecemos desde hai moito tempo) . Que pequeno é o mundo!
Orgullosos do noso, orgullosos do galego
A ver se son quen de colgar o video da campaña "Orgullosos do noso, orgullosos do galego" que promoven os Equipos de Normalización Lingüística
miércoles, 27 de enero de 2010
Experiencia

Non recordo si foi aquí ou noutro lado onde compartín con todas e todos vos o valor que a incertidume ten coma criterio de que o que estamos a facer é unha práctica reflexiva que tenta achegar respostas, mellor ainda participar na construcción des respostas, máis humanas, máis solidarias, ... aos problemas que a realidade día a día nos plantexa coma grupo e coma individuos. Recordaba a fantástica introducción de Funes ao libro de Cales Sedó "Treballant como educador/a social" e as palabras que, cun sentido similar, Toni Julia pronunciou no acto de presentación do Proxecto de Lei para a creacion do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Quero traervos hoxe un par de citas que, nunha liña similar, fan referencia á experiencia. Nun texto que ten o suxerente título "La inquietud al servicio de la educacion", Jorge Sosa sinala que "A experiencia non é calquera cousa que aun lle pase; dunha experiencia saese transformado, marcado polo que se ten vivido e, as veces, coa necesidade de dar testemuña delo".
A outra pensaba que era a dedicatoria que se facia nun texto cun título cheo de significado "Educar es otra cosa", mais non. Xa a buscarei e intentarei recuperar a cita literal, pero aquel libro estaba dedicado a alguén que tivera "un ano de experiencia e moitos anos de face-lo mesmo". Penso que ese era o espiritu da cita.
viernes, 1 de enero de 2010
Darlle á Lingua

Supoño que é o pior que nos pode pasar, que os nosos se avergoñen de nos. Iso é o que nos está a pasar, para algúns á súa propia cultura, á súa propia lingua son motivo de vergoña. Pensanse menos ca outros e por iso queren seres que non son; rexeitan o propio.
E logo están os decretos, que por certo apenas se fai por que se cumplan, e que intentan regular os usos do idioma, dos idiomas.
Se cadra ese é o problema, que se trata ou se quere tratar a lingua, as linguas como idiomas, como algo alleo que hai que aprender, ou pior, que hai que aprobar. Quizais isto é tamen un obstaculo para o galego, para o inglés, ...
A lingua é algo vivo ou non é: temos e gozamos dunha incrible literatura, a xente pode ver a TV en galego, os debuxos animados, hai algunha pequena posibilidade de ver cine galego, ... Pero é preciso que fagamos ciencia en galego, que podamos relacionarnos coa administración e coa xusticia en galego, que amemos en galego ...
Así que xa sabedes, A DARLLE Á LINGUA
martes, 15 de diciembre de 2009
Mágoa

Quen me coñece sabe da miña afeccion polos libros e polas librarias, nas que me encanta gastar o tempo e tamen os cartos. Son varias as librarías que visito con certa periodicidade. Mais concretamente interesome por aquelas que están especializadas en educacion ou teñen unha sección importante dedicada e este tema e afins. Por este feito, encolleseme o corazon cando unha destas librarías desaparece ou ve minguado o espazo dedicado a esta materia. No primeiro caso atopamos a desaparecida Libraría Hernandez, que se atopaba na calle Galera, e que tiña uns fondos bastante interesantes. Ademáis abria as fins de semana, algo que hoxe en día non parece tan extraordinario. No segundo caso podo recordar as librarías Arenas e Molist, que cando cambiaron de ubicacion viron minguado considerablemente o seu espazo e, consecuentemente as seccions que me resultan máis interesantes
Para finais deste ano, xa mesmo, vaise pechar unha das que máis aprecio: Didacta. Neste caso tratase dunha libraria especializada en temas educativos. Facendo un esforzo de memoria, podo recordar os seus inicios, nos meus andeis hai exemplares "de época" e, lamentablemente vou poder recordar o seu peche
Ainda que posiblemente non vaia a ler este blog, quero agradecer ao dono da mesma, Jorge, a súa amabilidade, as súas atencións e despedir ese lugar tan agradable para min
Suscribirse a:
Entradas (Atom)