lunes, 23 de octubre de 2017

MITOCONDRIAS

De cando en veces ocurre e teño un ataque de frikismo e dame por pensar cousas perfectamente inútiles...
Seguramente un efecto secundario dun cerebro evolucionado
O tema, adiviñades, aa mitocondrias...
Xa sabedes que o tal “cromosoma y” é só un anaquiño ben pequeno de material xenético
E tamén que os espermatozoides sonche unhas células bastante limitadiñas
Será por isto, por esta falta de material xenético, que recurrimos facilmente á violencia
O caso é que as mitocondrias herdanse por a liña feminina
Eu comparto as mesmas mitocondrias cos meus sobriños, coa miña irma, coa miña nai ...
E de ahí cheguei á miña avoa Avelina
Unha muller miuda pero con moito carácter e enerxía...
Unha muller que apenas saiu do lugar no que naceu...
Unha muller de ideas fortes quizais porque xa sendo moi nova tivo que asumir a responsabilidade de sacar adiante os seus irmans mais pequenos... 
E logo veume á cabeza a imaxe do meu avó Benigno. De pe, cerca da radio ou da televisión, moi atento ás noticias
Meu avó tiña algo de mundo: emigrou sendo un neno á Habana... Logo a mili na Coruña
Todas estas imaxes, estes recordos, fixeronme sentir cariño.

Cariño por a miña xente, por as miñas raices. Raices vencelladas moi de preto á terra, a unha terra concreta que os meus devanceiros traballaron e coidaron.

domingo, 11 de septiembre de 2016

A revolución na escola (ensino) será socioeducativa ou non será



Xa hai ben anos que a escola é obxectivo de crítica ben por non acadar as finalidades desexables, ben porque lonxe de conseguir melloras é parte do sistema que mantén o Statu quo
Tamén desde hai anos son moitas as propostas de cambio que se lle veñen facendo. Máis, as más delas, non cambian nada esencial no "sistema educativo"
Moitos dos temas que, cada vez máis, son considerados importantes (convivencia, formación en diversos hábitos saudábeis, responsabilidades coma cidadás e cidadáns, relacións coas familias e co entorno, ...) pretenden ser incorporados aos curricula coa mirada docente: máis e máis asignaturas, máis do mesmo
Sen embargo estas miradas non abondan para abordar este tipo de temáticas. É mais, constituen un erro. É preciso complementar as miradas tradicionáis con perspectivas novas que valoren a importancia do modelado, da configuración de espazos para solucionar conflictos, para traballar entre todas e entre todos, incorporando tamén ás familias e ao resto da Comunidade
Abrir os centros de ensino, que ao meu entender son un lugar central da Comunidade, á esa mesma Comunidade
Esta nova mirada, estas novas metodoloxías son propias dun/has profesionáis, dunha profesión: a Educación Social

martes, 16 de febrero de 2016

É un falar...


Son moitas ás veces que a educación, as máis das veces o ensino, son tema de conversa en situacións e ocasións diversas
E, a pesar das evidencias, sempre voltamos unha e outra vez aos esquemas nos que fomos socializados : libros de texto, estratexias expositivas e avaliación de coñecementos a traverso de exames ...
Evidencias de que o qué estamos a facer non vai ben temos moitísimas: taxas altas de "fracaso" e abandono escolar, a nosa prácticamente nula competencia en idiomas e noutras materias...
Tampouco satisfán as demandas da sociedade e do tecido productivo, que buscan persoas flexibles, con capacidade de afrontar retos, de traballar en equipo, ...
E por outra banda, ejemplos de boas prácticas, de prácticas que funcionan témolas al noso redor: métodos flexibles, centrados nas e nos alumnos e nas súas necesidades, para desenvolver máis competencias que a memorización de diversos contidos
E as probas, incluso exames como ás probas PISA, dan a razón a quen aposta por unha educación, por un ensino, basado nas evidencias que temos sobre o que funciona en educación, que apostan moi en serio por un sistema educativo público e de calidade, que valoran e apostan por os profesionáis do sistema educativo, que invisten un presuposto suficiente neste ámbito, ... Que máis alá dos discursos, cren na  educación e no seu valor para os individuos e a sociedades

martes, 29 de diciembre de 2015

Un mundo mellor...

Onte o meu fillo sentiu terror... Escoitábamos as novas na radio e comezaron a falar da guerra.
Pero hai GUERRA? Onde? Pero...
Pois sí fillo. En moitos sitios do mundo hai guerras...
Pero guerras de verdade? Sí, de verdade. Hai xente que morre e moita xente, tamén nenas e nenos -especialmente nenas e nenos- que o está a pasar moi mal acotío
E, coma en moitas ocasións, síntome privilexiado. Moi privilexiado a pesares de todo... E sei que no meu entorno hai moita xente que o está a pasar mal
E tamén síntome na obriga de traballar por un mundo mellor para todas e para todos. Na medida das niñas posibilidades. Sumando os meus esforzos con outras e con outros
Si todos remaramos nesa dirección, de seguro que notaríamos os resultados e esas novas que sobresaltan ao meu neno, que nos sobresaltan a todas y a todos, serían cada vez menos
Pensemos no mundo que estamos a construir para as nosas fillas, para os nosos fillos... (e de cómo as/os educamos para esta empresa)


martes, 17 de marzo de 2015

DEP Rosalia Mera

A Sra. ROSALIA MERA pasa a ocupar un lugar relevante nos medios de comunicacion por  o seu falecemento. E é a súa relación coa orixe de INDITEX seguramente o aspecto mais subliñado.
A nova deu lugar a unha "discusión" entre Majo e eu en relación ao grao de coñecemento que tiña ... Certo é que non era portada en revistas e programas do corazón, pero recordaballe que, xa hai anos, nun congreso sobre servicios sociais que se celebrou na Coruña ali estaba, no estánd que a Fundacion Paideia daba a coñecer as súas actividades. E quizas nese compromiso coa integración das persoas con enfermedades mentáis onde desenvolveu unha importane actividade social.
Esperemos que a súa desaparición non supoña unha diminución neste traballo tan imporante e necesario e máis nos tempos que crise que estamos a sufrir.
Descanse en paz Rosalía Mera

miércoles, 9 de mayo de 2012

Xa hai ben tempo...

Pois sí, xa hai ben tempo que non escribo nada novo no eu blog. É certo que "a cabeza non para" polo que as ideas van e veñen, ... e escapan. O máis complicado é sempre sentarse diante do ordenador e concretar algunhas desas ideas nun texto. ëse é o exercicio realmente interesante de escribir, de escribir un blog: concretar algunhas ideas e logo, se algén as le, fenomenal e si fai algún comentario... Creo que era a idea do principio, concretar e ofrecer un espazo máis para o intercambio que é onde realmente as ideas medran
Desde logo, con todo o que está a acontecer ao noso redor, non nos faltan materias sobre as que reflexionar... E máis si facemos un esforzo para ir máis alá de constatar o que está a suceder e buscamos alternativas, vías que nos conduzan "á saída"... Ánimo Alfonso! Ánimo xente!  

martes, 10 de enero de 2012

Reler os clásicos

A proposta era escribir algo sobre a relación entre o uso de drogas e a exclusión social... E claro, recúrrese ao que se ten: Amando Vega, Jaume Funes, Jesús Valverde... Moi interesante volverse a atopar coas súas ideas e, máis interesante ainda, é ver a necesidade de reler os clásicos: non se trata so de recordar as súas ideas senon de facer unha nova lectura das mesmas desde os cambios que levamos vivido na realidade, e o consumo de drogas e as súas consecuencias, é un aspecto máis que está en constante evolución. A pesares do atractivo da empresa, como un vive do seu traballo e ademáis forma parte dunha familia numerosa (en número, en atencións, ...) pois o intento quedará niso, en intención. Si que pode ser un estímulo para aqueles outros que dispoñan de interés e, sobre todo de tempo.
Outro encontro interesante foi unha publicación de BOBES, CASAS E GUTIERREZ (2011): Manual de trastornos adictivos. O que primeiro chama a miña atención é o peso que os trastornos psiquiátricos ten no índice da obra. Nunha obra anterior de características moi similares BOBES, CASAS E GUTIERREZ (2003) o peso estaba nas sustancias. Trátase dun exemplo que ilustra moi ben o que está a acontecer neste ámbito.
E qué podemos aportar desde a educación social, pois penso que a nosa mirada debe centrarse nas persoas tentando recuperar o seu protagonismo e a súa participación

lunes, 10 de octubre de 2011

Co talante non abonda


Dicía Castelao que transformar os desexos en realidades, as ideas en feitos, é o verdadeiro heroísmo. E non vou ser eu quen de dicir que o "talante" non é importante. As maneiras son fundamentáis. E non se me ocurre ningún motivo que xustifique que sexamos maleducados. (Non significa que non admita erros, perdas de control, ... Somos humanos)
Pero... E detras desta expresión sempre aparece unha idea importante para o que fala, só co "talante" non abonda.
Xan contaba máis atras a importancia das persoas, de certas persoas, para sacar adiante as ideas, os proxectos.
Non basta coa crítica ou coa denuncia, sendo éstas importantes. Hai que ir máis aló e esforzarse por reunir as persoas arredor de proxectos (un grande mérito Enma), en impulsar e levar adiante as accións precisas para avanzar nalgunha dirección

miércoles, 15 de junio de 2011

Muller, labrega, galega ... E loitadora


Lidia Senra: “A loita sempre vale; teño a esperanza de que a xente acabará vivindo dignamente”
Con esta frase resuamiase a entrevista que aparecía no Xornal por teres recibido o Pedrón de Ouro deste ano. Eu tiven a sorte de coñecer a Lidia Senra hai uns anos, nun encontro sobre mulleres que organizamos no Colexio de Educadoras e Educadores Sociáis de Galicia. Eu non sabía dela, máis foron varias as persoas que, ao saberes que andabamos a organizar un encontro sobre o tema da muller, me insistiron en que non podía faltar Lidia Senra.
O certo é que, ainda que foron varios os temas que tocamos, as experiencias que coñecemos, as persoas que nos falaron, ... Lidia aousou unha fonda impresion nas asistentes coas que tiven a oportunidade de falar: amosounos unha realidade tan descoñecida como cercana: a de das mulleres do noso pais que viven e traballan no campo. E non só é de admirar o seu coñecemento da realidade, transmiteo con paixon, contaxianos, non podemos quedar indiferentes. Non pretendo exaxerar, mais diría que foi un antes e un despóis a hora de mirar a nosa realidade.
Nese mesmo encontro tamen tivén a ocasión de coñecer a outra muller da que si sabía pero a traverso dos seus libros: Gemma Lienas. Os seus "Diarios de Carlota", especialmente os dous primeiros (O diario violeta de Carlota e O diario Vermello de Carlota"), son para min referencias educativas dun grande interés. Achegan á xente mais nova diversas realidades: a situación da muller no primeiro caso, a segunda á sexualidade, e outros dedicados á violencia entre iguais, outro ás drogas, ...). Tamén resultou moi interesante coñecela en persoa, compartir con ela as súas experiencias e a súa perspectiva
"Levandolle a contraria" a unha das nosas representantes no Parlamento de Galicia, Carme Adán (Os imprescindíbeis, as intercambiábeis, Xornal 10/06/2011), eu diría que sí, que hai moitas mulleres "imprescindibles" e para mostra un par de exemplos, ou tres se engadimos á deputada.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Imaxes da crise

Levo moito tempo sen escribir, e non é que non teña que contar. Cada día pola cabeza dan voltas e voltas moitos temas que me ocupan, me preocupan, me interesan.
Despóis de anunciar a miña visita ao novo centro comercial que temos na cidade, ao que definín coma "catedral" desa nova relixión que é o consumismo, seguinlle a dar voltas ao tema. Os paseos que no día a día dou por diversos lugares da cidade descubrenme a cantidade de negocios que teñen pechado ultimamente. Uns ao lado dos outros. Algúns pouco despóis de abrires...
Coma guinda, o outro día ao sair do super, unha rapaza con aspecto de non ter a súa orixe aquí, atopabase a pedir na porta... Nada extaordinario. Mais o que chamou a miña atención é que levaba unha gorra do PP... Seguro que non coñece que propostas fan en relación ás persoas que, coma ela, proceden doutros lugares e que veñen aquí buscando oportunidades mellores.
Mais, con todo, o problema máis importante que xera esta crise é a cantidade de persoas que están no paro...

jueves, 10 de marzo de 2011

Impulso decidido


Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai outros que loitan moitos anos e son moito mellores. Pero hai outros que loitan toda a vida: ésos son os imprescindibles.
Bertolt Brecht

Está claro: Brecht expresa moi claramente o que quero dicir. Só me queda sinalar por qué o sei, por qué podo afirmar que Alberto, para min o Presidente, forma parte deste selecto grupo. Pois é fácil, porque durante un tempo eu estaba alí

Eu recordo que nos coñecimos en Narón, nun curso sobre drogas que organizamos na Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia. Náis tarde tamen o recordo nun curso memorable que fixemos en Coruña con García Huete... Logo xa o recordo na xunta directiva da Asociación, Presidente... Logo centos de miles de iniciativas, de xestións, de reunións, de encontros, ... Cara un fin, cara unha ilusión: poñer a nosa profesión no sitio que merece. Alí estivemos cando no Parlamento de Galicia se aprovou a Lei de Creacion do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

Anos máis tarde estaba alí, estabamos alí, noutro dos hitos da profesión: a constitución do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales... Presidente

sábado, 19 de febrero de 2011

Toni Puig e a monxa


Non consigo sacalo da cabeza. Fun escoitar á Toni Puig que estivo espectacular cunha reflexion moi estimulante (SEX nas súas palabras) sobre o papel que teñen que xogar as ASOCIACIONS... Alimento para o meu cerebro que dicia un dos meus "clientes"... Pero xusto diante de min estaba unha monxa co seu hábito... En mitade dun arduo debate sobre o uso do velo... Co seu pano na cabeza... quizáis reivindicando o seu dereito a identificarse públicamente coas súas crenzas ... Non saquei o tema ... Ninguen o sacou ... pero a idea saltábame á cabeza unha e outra vez mentres disfrutaba da fantastica exposición das ideas que nos fixo Toni Puig... Tamén me encantou o deseño das diapos que acompañaban ás súas palabras ...
Por certo, se buscades en Google imaxes de monxas... En fin, a cousa xa non é o que era!

viernes, 18 de febrero de 2011

Agasallos



O pasado venres 11/02/2011 resultou para min un día moi especial. Celebrabamos no Colexio Asemblea (s) na que resultou elexida unha nova Xunta de Goberno que encabeza a miña querida compañeira Sofía. Vai a estar moi ben acompañada por un grande equipo de colegas que seguro que van a conseguir avanzar neste proxecto que é o Colexio como ferramenta para conseguir poñer a profesión no lugar que merece. Vénseme á cabeza o estribillo daquela canción "... y no estabas tuuuu ..." Mais sí que estaba e, como xa dixen as/0s que alí estabamos, non pensaba marchar ao colexio de enfrente. Estaba e penso seguir estando.


Esta foi a entrada a unha tarde moi chea de emocións. Ás de sempre -que non por isto son menos importantes- o encontro e o (re)coñecemento de moitas e moitos que estamos aquí desde hai tempo ou hai pouco que chegamos (sen desmerecer a ninguen encantoume atopar a Sole, que había moito tempo que non vía, e a Jorge, que vira non hai moito pero que non estaba por estas festas había tempo) Tamén tiven a oportunidade de coñecer a Sera en persoa, despóis de ter lido desde hai ben tempo os seus pensamentos no seu archicoñecido blog "Educador Social en Alaska" e o seu irman Rafa


Estar entre amigas e amigos é xa en sí mesmo un agasallo. Pero despóis, con lazo incluido, poidemos disfrutar da obra de teatro "Educador Social en Alaska". Non sabería como facervos chegar as miñas impresións, a miña emoción ... Unha posta en escea fantastica de tantos e tantos pensamentos e sentimentos que Sera leva xa tempo compartindo con nos. E ademáis o teatro estaba absolutamente cheo pois aos que estabamos alí presentes sumaronse alumnas/os e profesoras/os da Facultade de Educación da USC


No capítulo dos agradecementos, ademáis de sinalar as/os meus compañeiras/os na Xunta de Goberno e as fantasticas profesionáis que traballan para nos no Colexio que fixeron todo isto posible a miña compañeira Victoria que facendo o meu traballo fixo posible que eu poidera asistir e disfrutar destoutros agasallos

domingo, 9 de enero de 2011

Educadoras e educadores socias na escola


A parte boa é que a convivencia estase a constituir coma un dos temas de interés, nun dos obxectivos centrais do ensino. A parte mala é que para algúns a solución está na "autoridade", unha resposta violenta aos problemas de violencia. Afondando neste tema hai diversos traballos coma o texto que sobre o tema da autoridade escribe o filósofo Marina.
Outras propostas pasan por incorporar aos centros de ensino novos profesionáis, educadoras e educadores sociais, como xa se ten feito noutras Comunidades Autónomas, para mellorar as respostas que se están a dar a este tema da convivencia así como a utros temas coma o absentismo, á relacion coas familias e co resto da comunidade , á dinamización do "espacio extraescolar", ...

jueves, 11 de noviembre de 2010

A Educación Social coma criterio de calidade


Hai uns días que tiven a oportunidade de participar nun encontro que se celebrou en Ourense. Concretamente nas II Xornadas Galegas de Patoloxía Dual organizadas po a Asociación Cadabullo. En primeiro lugar quero agradecer aos membros da Asociación os seus esforzos para acollernos e facernos sentir tan ben e tan agusto. De verdade moitas grazas
Foi agradable atoparse con tanta xente que hai tempo que non vía e coñecer a persoas e experiencias moi interesantes.
Tamén quero compartir con vos unha das conclusións ás que cheguéi falando con uns/has e con outros/as: ainda que a presencia de educadores/as nos recursos que hai para atender as persoas con problemas relacionados coa súa saúde mental vaise incrementando pouco a pouco, ésta é todavía moi escasa en Galicia e penso que este feito débese ao pouco desenvolvidos que están os programas que atenden a estas persoas na comunidade. Polo tanto, a ausencia/presencia dun maior número de educadoras e educadores vai constituir un indicador de como están desenvolvidos os servicios para atender a estas persoas a nivel comunitario

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Agora o problema vai ser facer as cousas ben


É un argumento perverso: dise que a rede de atención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas esta moito mellor que a rede de atención a persoas con problemas de saúde mental. E non un ou dous, escoitase con certa frecuencia

O certo é que antes de que a "crise" fixera mella nos nosos servizos (xa hai tempo que non temos sustitucións, reducense servizos pechando polas tardes ou nas fins de semana, etc) e despóis de tempo conseguiuse que a xente poidera acceder a unha carteira de servicios bastante homoxenea con tempos de espera máis que razoables. Funcinábamos razoablemente ben, mais non "sobrados".

A pesar da percepción de que os problemas de drogas xa non son o que eran, o certo é que traballo non nos falta. A nos, que formamos parte da "rede pública", e a unha longa serie de entidades que constituen unha rede paralela (Proxecto Home, Reto, Remar, ...). E boa parte desa percepción débese a que este problema está ben atendido, que a xente que ten problemas ten unha rede de recursos que vai dando respostas aos problemas relacionados co consumo de drogas.

Pois hoxe en día, e segundo algunhas "voces autorizadas", esto constitue un problema

E digo eu, non será mellor decir que a rede de atención aos problemas de saúde mental esta lonxe de funcionar dun modo axeitado, que ten problemas e poñerse mans a obra para mellorar?

martes, 21 de septiembre de 2010

Un Exemplo


Dandolle volta ao tema antes tratado, en relación a argumentos aparentemente sólidos como é o da crise, hoxe ben nos xornais unha nova que pode servirnos de exemplo: parece ser que se vai retirar o servicio de "noitebus"

Xa é interesante o debate respecto ás políticas preventivas que se estan a levar ou se pretenden levar, pero imos ao que imos: "las pelas" que diciamos antigamente

Evidentemente este servicio ten un custo e proporciona un servicio determinado a un nímero importante de (cidadans) xóvenes. Na nova aparecía unha estimación. O que se intenta é evitar o uso de vehículos particulares o que reduce o impacto ecolóxico, económico e sobre todo sanitario que pode ter ese uso en situacións onde, como consecuencia dun determinado modelo de diversión, o uso de o alcohol e outras drogas esta ampalmente difundido

Pensemos agora que un deses mozos que xa non dispon de este servicio sufre un accidente grave. Sen entrar nos custos indirectos que supoñen os sufrimentos do mozo ou moza e dos seus achegados, difíciles de obxetivar (ainda que se hai tamen custos obxectivos como antidepresivos e outros tratamentos para aliviar o sufrimento, baixas laborais, tempo empregado en acompañar ao doente no hospital e as moitas citas que supon o seu tratamento e á súa rehabilitacion...). O tratamento e os gastos directos derivados de cada accidente sí son máis facilmente estimables e, pregunto eu, cantos días se paga un destes autobuses con estos cartos?

viernes, 10 de septiembre de 2010

Argumentos "incontestables"




Hai tempo que non entro a escribir: o verán e para min un tempo de moita ocupación. Ao traballo habitual súmase o feito de que a familia esta de vacacións e temos que aproveitar ben este tempo que podemos compartir...
Sen embargo ideas non me faltan. A diferencia e que "campan" pola miña cabeza e dan voltas e mais voltas... A ver se coa volta a "normalidade" teño algo mais de tempo para ir escribindo algo mais...
Unha destas ideas que xa leva tempo por aqui é a presencia, cada vez con mais peso, de argumentos que nos amarran, que parece que nos deixan sen argumentos: primeiro o tema da seguridade que xustifica non sei cantos desmanes e agora o tema da crise
Valen para case todo e deixan sen efecto moitos dos dereitos que se foron conquerindo ao longo destos miles de anos
Respecto da seguridade, fabricar inimigos sempre foi de grande utilidade para xustificar ou ocultar cantidade de actos, omisións, etc
Pero a partires do 11 S. parece que "todo vale": detencións ilegais, persoas presas sen dereito os mínimos universáis. ataques preventivos... Eso parece que pasa lonxe de aquí e que non nos afecta, pero non é así. Todos padecemos o que supón subirse a un avión e non o padecemos tanto, pero cada vez mais xustifican a necesidade de desnudarnos con trebellos tecnolóxicos, de controlar as nosas comunicacións, a nosa ideoloxía ou relixión, ... Certo que a seguridade, a que sirve para garantizar os nosos dereitos é importante, pero non se poden vulnerar estos dereitos, os nosos ou os de outros, porque se non esta seguridade xa non tería sentido...
Outro argumento, que está a cobrar forza mais recentemente é o da crise. Coma no caso anterior, a situación serve para xustificar case de todo: de xeito arbitrario decidese que moitos dos programas, servicios, dereitos, ... Xa non se poden asumir e deixanse para mellor ocasion
Potras cuestions, que a ben seguro son máis que prescindibles: publicidades, dietas, contratos, ... Si que se seguen a manter. Recurrese a modelos mais eficaces e eficientes, que case sempre consisten en poñer en mans privadas servicios publicos, que logo resultan moito mais caros (vease o caso do Hospital do Centro Galego de Bos Aires) Ou gastar cartos en cambios estéticos (Canto costaria cambiar o nome de Galescolas por Galiña Azul? )
Por certo, en ambos casos hai responsables, cando menos politicos, de estas situacion. Ou acaso esta situacion de inseguridade non terá nada que ver coa "política de seguridade" levada a cabo durante moitos anos, financiando os que agora son os que nos amenazan, desestabilizando todas esas zonas do planeta que agora seguen a ser puntos quentes, zonas de conflicto... E se falamos da crise, non hai tamen responsables concretos, que ademáis logo veñen a ser os mais beneficiados das políticas anticrise...?


miércoles, 14 de julio de 2010

Falsos antagonismos


Se non estas conmigo estas contra min, branco ou negro, nacionais e republicanos, nacionalistas vs nacionalistas (dos outros)... Parece que todo ten que estar dividido en duas categorias e que non caben nen matices nen calquera tipo de argumento no que non quede clara a nosa inclinacion hacia un lado ou hacia o outro... E sen embargo xira... Ainda que a nosa capacidade de formar conceptos, categorías, clases, etc resulta dunha grande axuda para comprender e actuar sobre a nosa realidade, as veces ese mecanismo volvese contra nos cando non somos capaces de diferenciar as categorias -mais ou menos simples- que xera a nosa mente e unha realidade que é mais complexa e diversa e que se resiste ao nosos esforzos por aprehendela e controlala.

Asistencial - Educativo é unha destas dicotomías que plantexa unha colega e amiga: a solución é ambas en íntima conexión.

Algun/ha xa me terá escoitado plaxiar a Waztawick para dicir que "é imposible non educar". Se entendemos como asistencial o relacionado con dar resposta as necesidades, ou a algunhas delas, que plantexan as persoas nun determinado contexto e como educativo o deseño e contextos e accións mediadoras e formativas, cabe reflexionar desde o punto de vista educativo se o contexto e as accións deseñadas amplian as posibilidades dos suxeitos que delas participan para ser mais autónomos, de poder participar mais activamente nun(s) contexto(s) mais amplo(s) (¿normalizado?)... De buscar mellores respostas...

En resumo cada contexto e cada resposta "asistencial" é a súa vez un contexto e /ou unha resposta "educativa" e a nosa aportacion como educadoras e educadores debe ser a reflexion e a proposta para conseguir que estas sexan menos restrictivas e, polo tanto, mais enriquecedoras

martes, 20 de abril de 2010

O embigo do mundo


Hai xa tempo, comentei cos usuarios e usuarias do servicio onde eu traballo o feito que supuxo a aparicion das teorías de Darwin: os homes, as mulleres, deixaban de seres o centro da Creación para ser un eslabón mais na cadea evolutiva. Unha idea máis que revolucionaria que ainda hoxe en día nos custa asimilar.

Así o sinala Eduard Punset na editorial da revista REDES. Na mesma editorial sinala que "deberiamos aprender e entrenarnos para vivir nun mundo de probabilidades en lugar de certezas". Non lles sona isto ao comentario no que citei a Funes e a Toni Julia?

Despois disto empezamos a falar de "revolucións", de cambios de perspectiva, ... Ainda que realmente eu creo pouco nas revolucions pois os cambios, que son parte inevitable da existencia, ocurren pouco a pouco e os imos asimilando, imcorporando a nos, aos que somos, a como vemos a realidade, ... Poucas veces os vivimos como tais, temos un sentido do "eu" que nos fai vivirnos como unha realidade estática. De feito o medo a cambiar, é unha das dificultades que atopamos no noso traballo: si non son "eu" que son logo?...